Necesitamos que cubrades a enquisa adxunta. E anónima e é para adxuntar na solicitude de subvención de actividades. O nome da actividade é Aula Matinal. Deixádeo no buzón o antes posible. Moitas grazas.
A Xunta Directiva, estamos a organizar a festa de fin de curso e necesitamos da vosa colaboración para levalo a cabo. Mañá venres, estaremos no cole a partir das 5, se vos podedes achegar xenial!!
..."A Concellería de Xuventude de Cangas abre a prazo para inscribirse nos campamentos de verán 2015 nas diferentes modalidades. A partir do martes día 26 de maio todos e todas as interesadas podedes recoller a vosa solicitude na Casa da Xuventude. As prazas son limitadas e terán preferencia os nenos e nenas do Concello de Cangas..."
Importante!! Adxuntase documento para recollida de firmas, pola reválida. Asinalo e totalmente voluntario, pero cantos mais sexamos, máis forza faremos. Unha vez asinado deixao no buzon da anpa antes do mércores. Gracias!! e desculpade por case non ter tempo. Se podedes difundilo. Gracias dende a Federación de Anpas!!
O Consello Escolar do CEIP A Rúa, reunido en sesión extraordinaria o día 19 de maio de 2015, despois de debater sobre as inquedanzas que a Proba de Avaliación Individualizada de 3º de Educación Primaria está causando na comunidade educativa, aprobou por unanimidade a presente resolución:
Considerando que:
Entre as moitas medidas prexudiciais para o desenvolvemento educativo que contempla a LOMCE, e que foi manifestado en múltiples ocasións por todo tipo de profesionais do sector educativo e pedagóxico, figuran no artigo 20.3 as chamadas “avaliacións diagnósticas externas” comunmente chamadas “reválidas”. No presente ano académico 2014-15 o alumnado que realiza 3º curso de Educación Primaria, de tan só 8 anos de idade, vai ser sometido a unha destas probas.
Nós queremos manifestar o noso total rexeitamento destas avaliacións diagnósticas externas polas seguintes razóns:
Os experimentos están relacionados coa Astrobiología e coa metodoloxía utilizada para coñecer como é a vida e como xurdiu na Terra, co fin de poñer en contacto os asistentes con esta disciplina e coa ciencia en xeral. Ademais, como introdución aos talleres, se explica a actividade científica que se desenvolve nas instalacións do CAB ou nos variados escenarios aos que os investigadores acoden (Río Tinto, Antártida, Deserto de Atacama) para estudar sobre o terreo como evoluciona ou se adapta a vida e entender como se orixinou.
Nos experimentos pode participar o público asistente.
Pola mañá celébranse sesións para estudantes e pola tarde para público xeral. Realiza a reserva para ti mesmo ou para a túa clase no concello!
Lugar: Casa da Cultura
Dirección: Praza de San Xoan, s/n. Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Dende a Federación de ANPAS A Gameliña (ANPAS de A RÚA, CASTRILLÓN, ESPIÑEIRA, O HIO, NAZARET, SAN ROQUE e MARÍA SOLIÑO) convocamos a tódolos nais e pais a unha reunión informativa sobre a REVALIDA DE 3º.
No comedor do CEIP Nazaret o Xoves 21 de maio as 17 horas.
Contaremos coa asistencia dos representantes en materia de educación dos sindicatos STEG e CIG.
Dada a IMPORTANCIA do tema a tratar rogamos a asistencia de tod@s.
Convocámosvos a unha reunión o vindeiro venres 22 de Maio, ás 19:30h en primeira convocatoria e ás 19:45h. en segunda convocatoria, para informar sobre varios asuntos do voso interese:
Presentación da nova Xunta Directiva.
Festa Fin de Curso 2014-2015
Esperamos a máxima asistencia posible, e confirmación da mesma, xa que son temas importantes que tod@s debemos coñecer.
Organizan a Federación de ANPAs Arco da Vella, Club Atletismo Samertolameu, e o Concello de Moaña. As probas celebraranse nas pistas de Atletismo sa Xunqueira (segundo o croquis adxunto). O lugar e perfecto para pasar un día de excusión. Ten amplo xardin e praia ó pe da pista.
Cada equipo estará formado por un máximo de tres atletas por proba, se ben só puntuara para o equipo o primeiro dos clasificados de cada centro. Asimesmo cada atleta poderá participar como máximo en duas probas individuais das establecidas para a súa categoría. En tódalas categorías haberá un só equipo de relevos.
Os colexios interesados deben comunicar a súa intención de participar antes do 1 de Xuño. Ademáis debe indicar o número estimado de atletas cos que participarán. Esta comunicación farase a través do correo ou teléfono (clubatletismosamertolameu@gmail.com. 611455454 (Ana)). As inscripcións definitivas pecharanse o Mércores 10 de Xuño as 23:59:59 horas.
"...A Confederación ANPAS GALEGAS oponse á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio) e apoia calquera decisión das familias que exprese o seu rexeitamento a esta proba, mesmo a de non enviar aos seus fillos e fillas ao colexio nos días nos que se programe...." (premede aquí para seguir lendo...).
En relación á asamblea do pasado mércores día 6, emitimos o comunicado que se adxunta ao final desta entrada, e que se resume no seguinte párrafo:
..."Comunicámosvos a todas as familias que a partir do dia de hoxe 8 de maio, non hai asociación de nais e pais operativa no noso centro, unicamente existe a xa citada Comisión Xestora, que estará formada polas 9 persoas asistentes a asemblea do pasado mércores. No caso de que o dia 30 de Xuño, non se presentara ningunha nova Xunta Directiva, a comisión xestora, procederá a dar de baixa a Anpa no rexistro de asociacións..."
..."La Asociación Autismo Morrazo invita a todos los interesados en su proyecto de apoyo a las familias con personas con TGD/TEA en la zona del Morrazo a una reunión informativa el viernes día 8 de mayo a las 20:00 horas en el Concello de Moaña. Para mayor información se puede contactar, mejor a través del wasap, en el teléfono 627 33 59 87 o buscar nuestra página en Facebook. ¡Os esperamos! ¡La reunión está abierta a todo el público en general!"...
FOANPAS organiza unha charla na que se tratará a reválida: en que consiste, en que cursos se aplica, cal será a súa repercusión e cales son as razóns que xustifican o seu rexeitamento. Está dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público e estará impartida por membros dos sindicatos de ensino (UGT, CCOO, CIG e STEG). Inscricións no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com.
O 13 de Maio de 2015 ás 17:30 no salón de actos do IME (Camiño do Chouzo, Nº2-Vigo).
Convócase Asamblea Xeral Extraordinaria da Asociación a celebrar o vindeiro mércores dia 06 de maio do 2015 na aula de usos multiples do centro ás 18:30 horas, e en segunda convocatoria ás 18:45 horas.
Tema a tratar:
Renovación da xunta directiva da asociación, presentación de candidatos. Decisións a tomar no caso de que non houbese renovación.