martes, 16 de xuño de 2020

Enredos de verán 2020

Ningún comentario:





Enredos de verán 2020

Do 6 de xullo ao 28 de agosto.
O Concello de Cangas dada a situación de excepcionalidade con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19 e co fin da dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, pretende que este ano o programa Enredos de Verán vaia dirixido preferentemente as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar.
Enlace:

venres, 15 de maio de 2020

Matricula escolas infantís

Ningún comentario:

    ¡¡Abre o prazo de matrícula para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas concertadas!!

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48930/mana-abre-prazo-matricula-para-curso-202021-nas-escolas-infantis-publicas-autonomicas?

martes, 12 de maio de 2020

¿Cantamos?

Ningún comentario:
 Xa queda menos para rematar estes días tan incertos. Con motivo da actitude tan xenerosa dos nosos cativos neste confinamento, en donde están a mostrar unha capacidade de adaptación e de confianza fóra do normal, gustaríalle agradecerlles o seu esforzo e ofrecerlles un agasallo para facer estes días un pouquiño máisentretidos, unha pequena aportación para darlles máis recursos ás nais e pais que están facendo tamén todo máis por levar esta situación o mellor posible.

Deixamosvos aqui o link á web desde onde podedes descargar o meu libro "Cantamos?". contos e cancions ilustradas, apoiadas con pictogramas, para compartir coas familias."

Agradecido , quedo á vosa disposición.
Unha forte aperta
Luis Vallecillo.

https://lvallecillo.com/es/cantamos-quedate-en-casa-2/

luns, 11 de maio de 2020

Proceso admision alumnano DOG

Ningún comentario:

   Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021:


  • Solicitude de praza para o vindeiro curso: Do 11 de Maio ao 18 de Maio de 2020. Isto é para o alumnado novo, quen cambia de centro.
  • Formalización da matricula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de Xullo de 2020.
  • Formalización da matricula ordinaria en educación secundaria obligatoria e bacharelato: do 1 Xullo ao10 de Xullo. Prazo extraordinario do 1 ao 10 de Setembro de 2020

Tamen se recolle que nos centros de ensino a partires do 11 de Maio ten que haber persoal adminitrativo, de dirección, titores..., de xeito que xa poidan facer os trámites de admisión, chamar pra solventar dúbidas...

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.html

domingo, 3 de maio de 2020

Departamento Orientacion do Cole: Propostas

Ningún comentario:

PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Aqui vos deixamos o enlace do blog do cole coas propostas que oferta o departamento de orintación:

Horarios Saídas

Ningún comentario:
Foto de Concello de Cangas do Morrazo.

xoves, 30 de abril de 2020

Directrices Conselleria de Educacion

Ningún comentario:


Partillamos o ressume das directrices da Conselleria de Educacion, que se elaborou desde ANPAS Galegas





Servicios dispoñibles Concello de Cangas

Ningún comentario:












venres, 17 de abril de 2020

Concurso fotográfico da corentena

Ningún comentario:
Dende a asociacion A Illa dos ratos propoñen este concurso fotográfico.
Animádevos a participarFoto de A Illa dos Ratos.


Xa sabedes o que nos gusta un disfraz e facer o parvo, e sabemos que a vós tamén, así que organizamos o "CONCURSO FOTOGRÁFICO DA CORENTENA".

Sacade unha FOTO GRACIOSA, disfrazados, no balcón... e compartídea con nós, nos comentarios desta publicación, así pasaremos un bo rato entre todos.

Entre os participantes faremos un SORTEO dos libros editados polos nosos benqueridos amigos da Asociación A Cepa Cangas, que colabora con nós.

Veña, animádevos e cando todo remate faremos un recopilatorio de todas as vosas fotos como "diario da corentena"

Xa queda menos!
Foto de A Illa dos Ratos.

mércores, 15 de abril de 2020

xoves, 2 de abril de 2020

Prestamos bibliotecas

Ningún comentario:
 Informarvos que si queredes ler ou ver pelis a través de GaliciaLe ou de Ebiblio, a Rede de Bibliotecas de Galicia pon a disposición de tod@s estas plataformas incluso para os que non teñades carné de bibliotecas; quenes tamén poderán facelo a través de un autorrexistro (para un carné provisional) e terán acceso ao servizo de préstamo electrónico durante todo o tempo que dure a corentena.

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/…/…/opac-memberentry.pl

mércores, 1 de abril de 2020

Segunda avaliacion

Ningún comentario:
INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, tivemos que avaliar ao alumnado neste segundo trimestre, que comprende dende o 8 de xaneiro ata o 12 de marzo, no que se determinou a suspensión das clases.
Podedes consultar os boletíns de cualificacións en AbalarMóbil, a partir de mañá xoves, 2 de abril, ás 14:00 horas.
 Saúdos e moito ánimo! Xa queda menos!



Banda da Alcaldía

Ningún comentario:
Foto de Concello de Cangas do Morrazo.

venres, 20 de marzo de 2020

Prazo Matricula

Ningún comentario:
        

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN AMPLIOU PROVISIONALMENTE O PRAZO DE PRESENTACIÓN TELEMÁTICA E PRESENCIAL DE SOLUCITUDES DE ADMISIÓN, QUE FINALIZARÁ UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DAS CLASES.





TAMÉN RECOMENDA A UTILIZACIÓN PREFERENTE DA MODALIDADE TELEMÁTICA PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

xoves, 19 de marzo de 2020

PAUTAS E RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS DURANTE A SITUACIÓN DE ILLAMENTO POLO CORONAVIRUS COVID-19

Ningún comentario:
https://drive.google.com/file/d/1Nn4MgWK3EIeTquAWf3Edbr6EZw1o5vfI/view



   Aquí vos deixamos as pautas e recomendacións elaborados polo equipo de orientación do cole.
Tamén podedes atopar no blog do cole os enlaces coas distintas actividades elaboradas pol@s titores dos distintos cursos.
http://ceiparua.blogspot.com/

Un saudo 
 a ANPA

martes, 17 de marzo de 2020

Comunicado

Ningún comentario:
Foto de Concello de Cangas do Morrazo.

Foto de Concello de Cangas do Morrazo.

“Confío en ti”. Lucía Galán

Ningún comentario:


“Confío en ti”. Para Lucía Galán, más conocida como ‘Lucía, mi pediatra’, darle este mensaje a los hijos es hacerles un regalo: “El niño piensa: ‘soy capaz porque mis papás me han dicho que confían en mí”.
https://youtu.be/1KCr_6fWOyI

domingo, 15 de marzo de 2020

pandemia Coronavirus

Ningún comentario:


 Recordamosvos do peche de todolos centros educativos a partires de mañá luns 16 de marzo, as clases quedarán suspendidas ata novo aviso.
Aqui vos deixamos un conto para explicarlles ós nosos nenos o coronavirus

https://admin.cmmedia.es/wp-content/uploads/2020/03/64c685_7a6ac671e5034323aaba0a6ed65494a6.pdf





martes, 25 de febreiro de 2020

Solicitude admision curso 2020/2021

Ningún comentario:
Do 1 ao 20 de marzo terá lugar o periodo de matriculación nos centros públicos de infantil e priemaria do Concello de Cangas.
Aqui vos deixamos toda a información:

https://cangas.gal/portal-cidadan/noticia/gl/724



Foto de Concello de Cangas do Morrazo.


sábado, 22 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Ningún comentario:



https://cangas.gal/portal-cidadan/evento/gl/720
Foto de Concello de Cangas do Morrazo.Foto de Concello de Cangas do Morrazo.


Desfile comparsas entroido

Ningún comentario:
Bos días:
Enviamos a orde de saída do desfile do entroido para mañá domingo 23:
1º Asociacion de patinaxe CROQUE
2º Lome de Karoso
3º Colexio Eduardo Pondal
4º Marcha Loca
5º CEIP a Rúa
6º Artelier
7º Margarita Outeiral
Agradeceriamos ós colectivos que estiveses diante do concello ás 17:50 para organizar a saída.

O recorrido é o seguinte: Saída do concello ata a lonxa e entramos polo bar alondras ata a plaza da Constitución(Onde a ferretería)

Ó igual que no Nadal, precisamos de 4 adultos que leven chalecos. Se alguén non ten disfraz pode ir co chaleco.

Un saúdo

domingo, 9 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Ningún comentario:
Co ánimo de dinamizar o entroido de Cangas, nos últimos anos estase facendo un desfile infantil de entroido. Este ano terá lugar o domingo 23, e a carroza do cole sairá novamente cos seus trasnos.
para tódalas persoas que o precisen, os patróns dos disfracea estarán dispoñibles no cuartiño do ANPA.

Un saúdo

ANPA DA RÚA

HORTA do Cole

Ningún comentario:
Ola!
Un grupo de pais e nais vanse reunir para poñer en funcionamento a horta do cole, tod@s aqueles que queirades  participar neste proxecto,  podedes acudir tódolos sábados a partires das 16:30h na horta do cole.
Un saúdo

ANPA A RÚA.

Exposición

Ningún comentario:
Foto de ANPA A Rúa.

sábado, 1 de febreiro de 2020

Comedor: Horario de recollida

Ningún comentario:

    Para un mellor funcionamento de servizo do comedor, rogamos que se respeten os horarios de recollida d@s cativ@s.
     Ademais recordamos que ante calquer incidencia, se pode chamar ó 606812497. Así deste xeito, podemos avisar á moitoras directamente se nos imos retrasar na recollida, etc..
    Tamén vos recordamos que únicamente deixarán o neceser do aseo dental no centro, os alumnos de educación infantil.@s nen@s de primaria seguirán traéndoo e levándoo diariamente.

Un saúdo,

Menú Febreiro

Ningún comentario:









https://www.dropbox.com/s/tlsdhidzxo09qjr/BASAL%20GENERICO%20FEBRERO%2020.20200131135238.pdf?dl=0

mércores, 22 de xaneiro de 2020

PremiosCertames de Nadal

Ningún comentario:


O luns 20 de xaneiro tivo lugar a entrega dos premios dos certames de Nadal.

domingo, 12 de xaneiro de 2020

Encontro familias

Ningún comentario:

O proximo venres 17 de Xaneiro en Cambados, no CEIP de Castrelo.