venres, 28 de novembro de 2014

Outro premio para o noso cole!!!

Ningún comentario:
Parabéns para o profesorado e ao grupo de 6º de primaria do ano pasado (2013/2014) polo premio conseguido co traballo "VIAXE POLO UNIVERSO".

O noso foi un dos centros que resultaron gañadores no primeiro Concurso de "Traballos por Proxectos", convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH (da Xunta de Galicia), no contexto do "Plan LÍA" de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2013/2014.

Festival benéfico organizado por Cáritas (Sábado, 29 de novembro)

Ningún comentario:
O Auditorio municipal de Cangas acolle o sábado 29 un festival benéfico organizado por Cáritas co obxectivo de recadar fondos para axudar ás persoas e familias con menos recursos. A cita será ás 21.00 horas e polo escenario pasarán a sección xuvenil da banda de música Belas Artes, o grupo de danzas Soavela de la Asociación Cultural San Andrés do Hío, Coral Lestonnac, Asociación Mulleres de Moaña, Boombox-Escuela Urbana, escola Cha, Chá, Chá e Carlota e Xesús.

FESTIVAL SOLIDARIO ESCOLA DE DANZA MAITE QUIÑONES (28/11)

Ningún comentario:
A escola de danza Maite Quiñones organiza o venres día 28 un festival benéfico no que todos os fondos se destinarán a "Entre Culturas", unha organización que traballa no ámbito da educación e a infancia e que agora ten un novo proxecto para desenvolver na república do Chad, na África central. O evento será ás 20.00 horas no Auditorio de Cangas, cun programa variado e a entrada custa 2 euros.

mércores, 26 de novembro de 2014

martes, 25 de novembro de 2014

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (martes 25 de 16:30 a 19:00)

Ningún comentario:
O martes 25 de novembro de 2014, de 16:30 h. a 19:00 h. na  Biblioteca, celebraranse as eleccións ao Consello Escolar do colexio.

Candidaturas presentadas:

• Dona Patricia Barreiro Priego, nai de Sarai (5º).
• Dona Patricia Canabal Rodríguez, nai de Jana (3º) e Elia (5º).
• Dona Eva Cordeiro Pereira, nai de Elena (4 anos)
• Don José Ángel González González, nai de Anxo (5º)
• Don Sergio Alexandre Nunes García, pai de Anxélica (5 anos) e Alexandre (3º).
• Dona Belén María Puime Montero, nai de Alía (4 anos).

Animádevos a participar!

XLI TROFEO DE PEDESTRISMO (7/12/14)

Ningún comentario:
O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e a Deputación de Pontevedra, organizan o XLI TROFEO DE PEDESTRISMO - Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o domingo, día 7 de decembro de 2014. 

martes, 18 de novembro de 2014

Concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!” en Cangas

Ningún comentario:
A Concellería de Cultura do Ilmo. Concello de Cangas xunto coa Rede de Dinamización Lingüística, da Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, presentan en Cangas o concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!”, a sexta proposta de lecer en galego coa que o programa FalaRedes, pechará a edición de 2014 facendo as delicias dos nenos e nenas de 25 concellos. Esta actuación realizarase o venres 21 de novembro as 18:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas con entrada gratuíta. https://db.tt/GfpxvkbV

xoves, 13 de novembro de 2014

Escritos enviados á Consellaría de Xefatura Territorial

Ningún comentario:
Como anteriormente non se enviara. Axúntase o escrito que se enviou inicialmente ao consello escolar coa proposta que saíu da reunión do 16 de setembro presentada por Xoán Xosé e Serxio. Adxúntase tamén o escrito que se decidiu na reunión de onte a enviar á Consellaría de Xefatura Territorial, que non é máis que o mesmo escrito de Xoán Xosé e Serxio, pero ampliado. Achegaráselle ás asociacións de veciños para que a lean e nos comuniquen se están de acordo ou non, e así asinala e enviala.
Saúdos
https://db.tt/bIZoErJw
https://db.tt/aHDFsUbl

Actividades Nadal 2004-05 do Concellos de Cangas

Ningún comentario:
Achegamos as bases dos distintos certames e actividades propostas dende a Concellería de Cultura e Xuventude para este NADAL 2014/15, das que se informou onte na reunión e un par de propostas mais. Podedes atopar a información tamén do bloge aquí: "bases para carrozas 2015"; "bases para Beléns"; "bases para decoración de rúas"; "actividade para o 23 de decembro" e "decoración de rúas por escolares".

mércores, 5 de novembro de 2014

Menú do mes de Novembro

Ningún comentario:
Aquí tedes a ligazón onde se presenta a menú proposto para este mes de novembro. O "menú especial magosto" está incluído.

Menú especial magosto

Ningún comentario:
Infórmannos dende o catering que a raíz da reunión mantida a semana pasada e para que non se repitan os menús os mesmos dias, aproveitaran a festividade de San Martiño, para introducir un menú especial magosto, que será o seguinte:
Crema de cabaza, Cocido e Biscoito de castañas

luns, 3 de novembro de 2014

Nota de prensa enviada aos xornais coa queixa do estado do patio do colexio

Ningún comentario:
Aquí tedes a nota de prensa enviada aos xornais coa queixa do estado de abandono do patio do colexio: https://drive.google.com/file/d/0BxfmEnM1PCbhdVFOdUZNLUdRMkE/view?usp=sharing

"Anpa y colectivos vecinales amenazan con movilizarse si no se acomete la reforma integral del patio de A Rúa" (Faro de Vigo 1/11/14)

Ningún comentario:
..."La Asociación de Nais e Pais (Anpa) del colegio A Rúa califica la situación de "abandono e desleixo total" que padece el patio del centro escolar durante los últimos años y, con las asociaciones de vecinos A Pedreira y Fonte de Cornilló, de Coiro, han solicitado por escrito una reunión con el alcalde para buscar una solución al problema. Si esta no se confirma en el plazo de una semana o de ahí no sale una solución satisfactoria a sus peticiones, los demandantes barajan "a posibilidade de mobilizacións" y otras medidas de presión"...

Documento de solicitude de reunión co Sr. Alcalde, para tratar sobre a reforma do patio do noso colexio

Ningún comentario:
Coa base do documento aprobado no Consello Escolar do CEIP A Rúa, a ANPA do CEIP A Rúa, a A.VV. "Santo Domingo da Pedreira" e a A.VV. "Fonte de Cornilló" acordamos exixir ás Administracións competentes a realización dunha reforma integral do patio deste colexio.

Trala exposición dos puntos reclamados se solicitóu unha reunión co Sr. Alcalde para discutir os termos e prazos da reforma no patio da escola. De non producirse unha resposta antes dunha semana desde a presentación desta solicitude (7 de novembro), as asociacións firmantes reuniranse para determinar as accións e procedementos a seguir.

(ver documento)

Adxúntase nota informativa do Cross de Nazaret

Ningún comentario:
A Anpa inscribirá a tódolos nenos e nenas que sexan soci@s, recolleremos as inscripcions ata o día 21 de novembro. @s nen@s que non sexan soci@s terán que inscribilos os seus pais. As inscripcións podedes deixalas no buzon da anpa cos datos requeridos, polo tokapp ou por e-mail.
Un saúdo
https://db.tt/peI9iDHD