venres, 20 de setembro de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013/2014

Ningún comentario:
Coa finalidade de poñer en marcha as actividades extraescolares do curso 2013-2014 rogámosvos que devolvades, por medio dos vosos fillos, o formulario debidamente cumprimentado antes do 25 de setembro, co nome do alumno/a, curso e actividades xestionadas pola Anpa nas que esté interesado en participar.Os nenos/as poden votar o formulario no buzón da ANPA.

Este ano algunhas das actividades irán a cargo da empresa Imaxina e intentarase que den comenzo o vindeiro mes de outubro. Para que as actividades se poidan levar a cabo, deberán estar anotados un mínimo de 8 nen@s en cada actividade.

xoves, 12 de setembro de 2013

COTA ANPA 2013

Ningún comentario:
Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2013/2014, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Caixanova, no seguinte nº de conta: 2080 5079 83 3040001135.

No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.

martes, 10 de setembro de 2013

SUBVENCION COMEDORES

Ningún comentario:
AMPLÍASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O COMEDOR ESCOLAR ATA O VINDEIRO DIA 14 DE SETEMBRO