mércores, 30 de setembro de 2009

Concurso de Dibujo del Defensor del Pueblo

Ningún comentario:
El Defensor del Pueblo, en colaboración con la Fundación de Derechos Humanos de la Comunidad Valenciana y la ONG Globalización de los Derechos Humanos convocan dicho concurso, en el que pueden participar todos los escolares españoles de Primaria y Secundaria.

Bases
10 Premios que serán entregados en el Congreso de los Diputados
Tipo de trabajos: dibujos sobre Derechos Humanos
Para alumnado de Primaria y Secundaria de toda España
Plazo: hasta el 8 de noviembre de 2009

xoves, 24 de setembro de 2009

NON TEN DESPERDICIO...

Ningún comentario:
Hai un ataque ao ensino público que non se recorda en Galicia

Iso di o Sr. Vazquez, o que non di é que o ataque é por parte da conselleria de educación e non o contrario como pretende facernos crer, lede a continuación este artigo publicado na web de Confapa-Galicia

Despois dunha semana «quente», o responsable de Educación valora positivamente o inicio de curso, no que segundo el houbo máis incidencias políticas ca educativas Jesús Vázquez afirma que está a vivir un inicio de curso tranquilo. Os sindicatos non comparten a súa opinión, pero o responsable de Educación da Xunta acusa á oposición de orquestrar toda unha campaña contra o ensino público en Galicia.


A TODAS AS APAs DE CONFAPA-GALICIA

Ningún comentario:
Compañeiros e amigos:

CONFAPA-GALICIA ante as medidas levadas a cabo polo actual Goberno autonómico e máis concretamente as reformas anunciadas ou xa emprendidas polo Conselleiro de Educación, Sr. Vázquez, quere manifestar o seguinte:

Nestes últimos meses e aproveitando o período vacacional, preséntanse ante a opinión pública e baixo a premisa de “austeridade en época de crise”, unha serie de recortes orzamentarios que corresponden exclusivamente a intereses ideolóxicos e sociais, tentando modificar un sistema educativo que vai prexudicar gravemente ao ensino público.

A golpe de orde, decreto ou outras marañas legais, elimínase o sistema de préstamo de libros de texto (outra conquista das APAs) co consecuente quebranto económico para as familias, suprímense postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas, así como os de apoio para alumnos con necesidades especiais, agrúpanse alumnos de infantil e primaria e un longo etcétera, todo iso sen criterios pedagóxicos, sen unha análise previa da situación e ignorando ás organizacións que representan á Comunidade Educativa e 


¡NON O IMOS TOLERAR!.

Como contestación inmediata a esta provocación anunciámosvos o comezo dunha serie de actuacións encamiñadas a manifestar a nosa máis rotunda oposición a calquera modificación que supoña un paso atrás na consecución dun sistema educativo igualitario, integrador e compensador de desigualdades.

Por iso, CONVOCÁMOSVOS A UNHA CONCENTRACIÓN PACÍFICA, DURANTE 10 MINUTOS Á ENTRADA DO VOSO CENTRO O PRÓXIMO DÍA 29 DE SETEMBRO (MARTES) ÁS 12 HORAS BAIXO A LEMA:

¡NIN UN PASO ATRÁS!

Sería conveniente a difusión desta convocatoria a todos os pais e profesores así como aos medios de comunicación da vosa zona.

Para calquera dúbida ou aclaración estamos á vosa disposición en horario de 16,30 a 21,00 horas, de luns a venres no teléfono 981 20 20 02 ou no noso correo confapagalicia@yahoo.esEsta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Na seguridade de que continuaremos coas accións que consideremos necesarias contando, como sempre, co voso inestimable apoio, recibide un saúdo cordial.


Fdo.


Virgilio Gantes Gómez
Presidente

10º Xornada de pais e nais educando en igualdade

Ningún comentario:
O día 3 de outubro, sabado, na illa de San Simón terá lugar esta cita anual para familias que organiza o Seminario Permanente para a Educación en Igualdade. Tratase duns obradoiros nos que participan as familias durante todo un día para tratar dun xeito lúdico os valores da igualdade e o respecto.

Programa: as 10 da mañá sairán os barcos cara a Illa de San Simón, as 11 hai unha conferencia para os pais e nais sobre coeducación e un contacontos para os nenos, despois haberá obradoiros de danza e cociña, xantar, xogos, merenda-concerto e volta en barco.

Se alguén se anima que saibades que é gratuito pero hai soamente 250 prazas para toda Galicia polo que hai que apuntarse pronto no correo electrónico seminario.educacion.igualdade@xunta.es ou no teléfono 981 541618.

Publicado no blog da Anpa A Tahona

luns, 21 de setembro de 2009

COTA ANUAL E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (2009)

Ningún comentario:

Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2009/2010, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Caixanova, no seguinte nº de conta: 2080 0079 96 00 40001135.

No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.

Así mesmo, queremos lembrar tamén que o importe mensual das actividades extraescolares é de 8€ para soci@s e 15€ para non soci@s, e o ingreso farase no mesmo nº de conta.

xoves, 17 de setembro de 2009

O COLE SEN LIBROS ATA QUE OS PAIS DECIDAN...

Ningún comentario:
Como moitos sabedes o pasado martes dia 15 de setembro, tiveron lugar no cole as asambleas de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria, ás que unha pequena representación da Anpa do cole, acudiu, xa que nesas asambleas tíñase que votar pola unanimidade, que nos pediu o claustro de profesores.

Por suposto, como era de esperar ó final non se conseguiu a unanimidade, e dependendo dos cursos e tamén dependendo dos pais, haberá nen@s que vaian o cole sen libros e outros que irán o cole con libros, que por suposto non van a ser discriminados de ningunha maneira ningún deles.

O final da tarde, cando xa tódalas asambleas remataran, un grupo de pais e nais do curso de 5º de primaria, decidiu pola súa conta, que se ían reunir o dia seguinte todos os pais do curso en cuestión, porque lles sabia mal tamén non facer unha minima presión en contra do novo sistema implantado polo goberno, e o que decidiron foi o seguinte:

"Os pais e nais dos alumnos de 5º de primaria, non lle mandarán os libros ó colexio os seus fill@s, ata que eles o decidan"

E así me dixeron que volo trasmitíramos...

Unha aperta

"Las quejas de los equipos directivos han forzado a la Xunta a asumir la tramitación de las solicitudes" (09/2009: La voz de Galicia)

Ningún comentario:
pocas salidas le quedaban a la Xunta, teniendo en cuenta que más de 200 colegios de las provincias de A Coruña y Pontevedra se negaron en redondo la semana pasada a gestionar las ayudas

Ler mais

E atendendo a isto, porque non seguir cunha das propostas dun dos pais do cole. ..
Que tódolos afectados polo cambio do sistema de préstamo ó novo do Sr Vazquez, soliciten a axuda, lles corresponda ou non, e se entreguen no cole a partir do dia 28 de setembro e ata o 30 do mesmo, para conseguir así a saturación das delegacións.
Que según eles non se saturarán xa que teñen persoal administrativo suficiente.

domingo, 13 de setembro de 2009

“As imposicións non facilitan que haxa empatía con Educación” (09/2009: o xornal.com)

Ningún comentario:

Os directores dos colexios públicos, críticos coa Xunta. “Aos pais e as nais dóenlles estas actitudes da Administración tanto como a nós”

Ler mais

xoves, 10 de setembro de 2009

O Primeiro día de cole...

Ningún comentario:
E finalmente cheguou o día tan temido e esperado o mesmo tempo....Dende a Anpa querémosvos dar a benvida a este novo curso que empeza...

BENVID@S!!!

"MOCHILAS VALEIRAS" (10/09/09 xornal.com)

Ningún comentario:
Informarán os pais do sistema de axudas para a adquisición de libros de texto, entregaranlles os formularios necesarios para solicitalas e recollerán a documentación que cada familia está obrigada a achegar, pero nada máis. Os equipos directivos de case todos os centros públicos de Infantil e Primaria das áreas de Vigo (43) e Pontevedra (32) néganse a introducir todos estes datos na aplicación informática implementada pola Consellaría de Educación. Ocupados cos preparativos para o inicio do curso, argumentan, resístense a perder o tempo nun traballo que a Xunta “debe poñer en mans do seu propio persoal administrativo”. É a enésima resistencia coa que tropeza o que a Consellería de Educación chama “gratuidade solidaria”, un sistema de axudas á compra de libros de texto que só beneficiará, teima a oposición, o 25% da poboación.

domingo, 6 de setembro de 2009

QUE VAI SER O SEGUINTE... ("Plan de Austeridad": faro de Vigo 06/09/09)

Ningún comentario:

Los responsables de los centros deberán ahorrar en calefacción, consumo eléctrico o agua y además se "priorizarán" sólo aquellas obras y reparaciones más urgentes 

E digo eu, porque o goberno non usa ainda que sea a metade dos cartos que lle vai a dar a privada, 500 millons, para que os nosos fill@s non teñan que sufrir eses recortes, sobre todo no inverno??

La solicitud de ayudas "satura" a los centros escolares (Faro de vigo 06/09/09)

Ningún comentario:
NOELIA MOLANES - O MORRAZO Los colegios de O Morrazo se enfrentan al inicio del curso escolar "saturados" con los trámites y solicitudes de ayudas para los libros de texto. Es la queja común en la mayoría de los centros que observan que la "carga" habitual de trabajo en los primeros días lectivos se está viendo incrementada con las gestiones derivadas del sistema de "gratuidad solidaria", un formato que afecta a los cursos de primero, segundo, quinto y sexto de primaria. La polémica en torno a este nuevo modelo alcanza ahora a las escuelas, que todavía tienen sobre la mesa la propuesta de las Anpa de enviar a los niños sin libros al colegio para defender el antiguo sistema de préstamo implantado por el bipartito. Con todo, el curso escolar comienza el jueves para unos 3.400 alumnos de infantil y primaria en O Morrazo. La mayoría de los centros están ya acondicionados y en muchos de ellos se ha registrado un aumento en el número de matrículas.

venres, 4 de setembro de 2009

O COLE SEN LIBROS..

Ningún comentario:

Iso foi unha das dúas cousas que se decidiron na asamblea de hoxe, dia 4 de setembro....

Como anunciamos no artigo anterior, e poñendonos en contacto cos pais e nais dos alumnos de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria, hoxe houbo unha asamblea no cole de A Rúa, á que asistiron 50 pais e nais.

Intentamos (con moitos nervios) explicar as accións que se tomaran durante o verán, coma a asamblea na alameda vella e a cadea humana na praia da Xunqueira.

Que non se trata só de que voltamos a pagalos libros senon que se trata dun dereito conquerido fai 6 anos, e na súa totalidade fai 4, que agora nos arrebatan por que si.

Falamos de que a forma de facer presión e non mercando os libros e non levandoos o cole.

Finalmente levaronse as distintas propostas a votación, e por maioria, decidiuse que durante este curso escolar non se mercarán os libros de texto e non se levarán o colexio.

Unha das nais que estaba na asamblea dixo que ela xa tiña os libros, pero que se decidiamos non levalos o colexio, que ela nos llos mandaba a filla, quedaria con eles na casa.

Tamén quero informar os pais e nais que xa tiñan os libros mercados e teñen a necesidade de pedir a axuda e entran no baremo por renta, que a soliciten. Ainda que si poden esperar a entregala o mais tarde posible mellor, por exemplo a partir do 25 de setembro...e ata o 30 do mesmo.

O equipo directivo do cole agradece que os que teñades internet e impresora, entreguedes a solicitude xa cuberta e impresa por duplicado co resto da documentación

Dende aqui queremos agradecer a asistencia de tod@s os que estiveron, agradecer os pais e nais que ainda tendo familias numerosas, tendo algun caso de discapacidade na familia, os que eran seguros beneficiarios das bolsas votasen a favor de non mercar e levar os libros o cole

Por un dereito de todos e para todos!!!

Tamen pediremos a solidarizacion dos cursos de 3º e 4º, nos que o sistema de préstamo ainda está vixente, para que tampouco leven os libros o cole

martes, 1 de setembro de 2009

ASAMBLEA INFORMATIVA EXTRAORDINARIA

Ningún comentario:
A ANPA DO COLE CONVOCA A TÓDOLOS PAIS E NAIS DOS ALUMNOS DO CEIP A RÚA A UNHA ASAMBLEA INFORMATIVA SOBRE O TEMA DOS LIBROS DE TEXTO.

VENRES DÍA 4 DE SETEMBRO
ÁS 18:00 HORAS
NO COLE

É MOI IMPORTANTE A VOSA ASISTENCIA

ESPERÁMOSVOS!!!