luns, 30 de maio de 2016

Recetas das charlas de ADICAM

Ningún comentario:
"Muy buenos días: Desde Adicam, os damos las gracias por vuestra colaboración durante estos meses, organizando y asistiendo a nuestras charlas. Esperamos que hayan sido de vuestro interés y agrado. Os adjunto todas las recetas, por si se me han quedado atrás en otras ocasiones:
Sin más nos despedimos y os enviamos un cordial saludo.

ASOCIACIÓN DE DIAGNOSTICAD@S DE CANCRO DE MAMA DE PONTEVEDRA (ADICAM)
CIF-36380301. Casa da Bola (Valentín Losada 1-1º). Cp.36940.
Cangas do Morrazo. PONTEVEDRA.
986 30 71 58
www.adicam.net
adicamadicam@gmail.com"...

venres, 27 de maio de 2016

Mercado solidario por parte de varias asociacións de Cangas o 28/5/16

Ningún comentario:
"Bos días,

O sábado 28 de maio, celébrase o día do mercado na Praza de Abastos de Cangas, a través dunha campaña da Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Comercio "Quere o teu mercado". O interese do Concello é poder darlle máis actividade nesa mañán a praza de abastos, empregando a segunda planta que actualmente non ten actividade.

Realizarase un Mercado solidario por parte de varias asociacións de Cangas, e outras actividades de dinamización dende as 11 da mañá. Xa cara ó mediodía entre as 12:30h e as 13:30h desfrutaremos dunha actuación musical e un pinchos para amenizar a xornada.

Tendo en conta solicitudes de datas pasadas para a montaxe dun pequeno posto de venda solidaria, desta vez quixeramos ofreceros dende o concello a oportunidade de montar un posto para recaudar fondos para a vosa entidade, o sábado 28 de maio no segundo andar da Praza de Abastos. A montaxe do posto sería antes das 11 da mañán.

Gustaríanos moito contar coa vosa colaboración neste día, co que precisedes podes contactar a través deste mail, ou a través da Axencia de desenvolvemento local no 986301371.

Grazas.Un saúdo.
Anxela Vizoso.
Concelleira Desenvolvemento Económico e Emprego Local."

xoves, 26 de maio de 2016

Xornadas "o acoso na red, as súas consecuencias así como na súa prevención ou intervención" (2/6/16)

Ningún comentario:
"Pola presente comprácenos invitalos a unhas xornadas de formación presencial que terán lugar o vindeiro 2 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela, no contexto do proxecto, destinada a pais e nais de alumnos, profesorado, orientadores, co obxecto de dar a coñecer o proxecto e centrarase no acoso na rede, as súas consecuencias así como na súa prevención ou intervención. 

Os interesados poden inscribirse na seguinte ligazón: http://parentnets.com/seminario/, onde está incluído o programa das xornadas. O prazo de inscrición remata o luns 30 de maio de 2016

Pode obter máis información no enderezo electrónico: international@ribeira.org ou nos teléfonos 986 33 22 93 e 981 546545. 

Atentamente, 
Amador Ordóñez Puime Asesor Programas Europeos Dirección Xeral de Educación, FP e IE"

martes, 24 de maio de 2016

Comunicado do Concello concernente ao "programa de enredos de verán 2016"

Ningún comentario:
Pola presente comunicamolle que o periodo de inscrición definitiva para o programa de Enredos de verán 2016, aprazase ata un novo aviso, posiblemente a partires da vindeira semana. Manteremolos informados do novo prazo de apertura en canto teñamos as datas  do mesmo. Desculpen as molestias.

Saúdos

Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade.

Concellaría de Xuventude e Voluntariado

Concellaría de Ensino e Deportes

venres, 20 de maio de 2016

Chamamento ás familias de terceiro de primaria...

Ningún comentario:
Transcribimos a carta enviada pola federación de ANPAS de Compostela, adicada a todalas familias con nen@s en terceiro de primaria, que estarán sometidas á proba "reválida" os días 24 e 25 deste mes:
"...Prezadas familias de terceiro de primaria,

Os pasados días 11, 12 e 13 de maio as familias galegas que teñen fillos e fillas en sexto de primaria decidiron masivamente que non fosen á escola eses días para non ter que facer as probas de avaliación , o que coñecemos como reválidas de sexto.
No Ensino Público, no noso, calculamos ao redor dun 80 % o número de familias de toda Galicia que tomaron esa decisión. Na nosa Federación consolidamos esa marca, a non asistencia foi exactamente do 80,72 % , e houbo moitos centros como o López Ferreiro ou o Apóstolo Santiago en Compostela, ou o colexio de Dodro ou o do Meson do Vento onde non asistiu ningún neno eses días a clase, pero os casos de non asistencia de máis do 80 % son xa a tónica xeral desas xornadas.
Agora temos por diante unha nova convocatoria de reválidas para os nenos e nenas de terceiro de primaria, os vosos fillos e fillas; a Administración pretende avalialos de competencias lingüísticas en galego e castelán, e de competencias matemáticas, queren examinalos nun día do que levan todo o ano formándose e sendo avaliados de forma continua.

xoves, 19 de maio de 2016

Orde no DOGA para solicitar axudas para adquirir libros de texto

Ningún comentario:
"...ORDEN de 27 de abril de 2016 por la que se regula la participación en el fondo solidario de libros de texto y se convocan ayudas para adquirir libros de texto y material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria y educación especial en centros docentes sostenidos con fondos públicos para el curso escolar 2016/17...

...El plazo para presentar solicitudes se iniciará el día siguiente de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia y terminará el día 23 de junio de 2016 (éste incluido)...."

mércores, 18 de maio de 2016

PROGRAMA XII XORNADAS INTERCULTURAIS 2016, concello de Cangas

Ningún comentario:
"...Dende o Centro de Benestar Social do Concello de Cangas queremos informar que o vindeiro día 4 de xuño , sábado, terá lugar a XII Festa Intercultural na Alamada Vella.

Gustaríanos convidarvos a participar nela.

Tras a iniciativa dunha profesora de Nazaret, propoñemos a realización dun debuxo feito polos rapaces e rapazas de forma individual ou grupal sobre a interculturalidade.

Durante o día da festa, existirá un mural preparado, onde poderán colgalos todas @s participantes que o desexen. Este mural estará exposto durante toda a tarde da Festa.

Recoméndase a tod@ participantes , traer o debuxo aproximadamente sobre as 17:30, xa que ás 18:00 comenzará un contacontos no mesmo lugar"...

xoves, 12 de maio de 2016

Enquisa de satisfacción para as Catividades organizadas pola nosa ANPA

Ningún comentario:
O ANPA do CEIP A Rúa co obxectivo de mellorar a oferta e xestión das actividades extraescolares do noso centro solicita a colaboración de tódalas familias que forman parte da escola para recoller información relativa ás actividades deste curso e novas actividades a través dunha enquisa totalmente anónima.

É moi importante para poder mellorar o funcionamento das actividades saber tódolos aspectos negativos ou mellorables que consideredes que nos poden ser de utilidade, por iso agradecemos que se cubra una enquisa por cada alumn@ e se deposite no buzón que o ANPA ten na entrada do colexio antes do 24 de maio.

XVI CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR (22/5/16)

Ningún comentario:
"A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa,  está a organizar o XVI CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR, que se celebrará o domingo, 22 de Maio de 2016, como colofón á Semana Cultural que se vai desenvolver no Centro, e con tal motivo, comprácese en convidar aos alumnos/as dese Centro a participar nas diferentes probas, para as que se establecen as seguintes categorías...
...O prazo de inscrición remata o 16 de maio. Tódolos nenos e nenas socios e socias da ANPA que queiran participar deberán cubrir os seus datos máis abaixo e deixalos no buzón do anpa, responder a este TokApp ou enviar un mail a anpa.arua@gmail.com antes das 20:30h do domingo 15. OS NON SOCIOS DEBERAN SER INSCRITOS POLOS SEUS PAIS, no correo electrónico correo cep.riomaior@edu.xunta.es" ...

aquí tedes o documento con toda a información...

Oferta de excursión ás Cíes o domingo 22 de Maio do ANPA Nazaret

Ningún comentario:
Saída dende o porto de Cangas.  As 10:30. Presentarse media hora antes co recibo a man para pasar lista. ROGASE PUNTUALIDADE REGRESO hacia o porto de Cangas as 19:30.

Prezo socios: 10.5€ por persoa, menores de 2 anos gratis (PRESENTAR RECIBO SI ERES SOCIO EN OUTRO COLEXIO). Precio non socios 12€ por persoa. Menores de 2 anos gratis. Estes precios incluen o seguro obligatorio, polo cal e imprescindible nº dni ou copia libro familia.

Teremos Animación na ruta do barco e na Illa disporemos de rutas pola illa e mais animacion!!!

Prazas limitadas. Rigoroso orden de inscrición.

INSCRICIÓN E COBRO :
Na aula da ANPA.
Horarios: do 4 O 13 DE MAIO 9:00 a 10:00.
Mércores 4 e 11 DE MAIO: de 16:00 a 17:30.

NOTA: PODE APUNTARSE TODO O MUNDO INCLUSO XENTE DE FORA DO COLE
Cada un levará a súa comida. Non se inscribiran menores sen a compañía dun adulto.
Calquer dubida no tlf:606104646