martes, 28 de maio de 2013

FESTA FIN DE CURSO 2013

Ningún comentario:
Achegámonos xa ao remate deste curso escolar, e como tódolos anos ao rematar as actividades organizamos unha festa. Necesitaremos a axuda coma sempre de pais e nais voluntarios para votar unha man na preparación da festa o venres pola tarde a partir das 5 e mesmo dia da festa para votar unha man nos xogos.

luns, 20 de maio de 2013

CONCURSO DE MASCOTAS 2013

Ningún comentario:
Rematado o prazo de presentacion de mascotas, aqui vos deixamos as elixidas de cada curso, excepto o curso de 4 anos que non se presentou ninguen. Agora deberedes votar a que mais vos guste i enviar o voso voto ao noso correo electronico anpa.arua@gmail.com , o reconto das votacions farase o dia 24 de maio.

venres, 3 de maio de 2013

XXXIII CROSS ESCOLAR C.E.I.P DOMAIO (2013)

Ningún comentario:
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos “O Picoto” do C.E.I.P. Domaio (Moaña), está a organizar o XXXIII CROSS ESCOLAR C.E.I.P. DOMAIO, que se celebrará o vindeiro domingo 26 de maio de 2013, e ten o pracer de convidar a todos @s alumn@s do seu centro, a participar neste evento deportivo.

As carreiras darán comezo ás 10:00 da mañá, disputándose as seguintes categorías: 

XIII CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR

Ningún comentario:
A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa, está a organizar o XIII CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR, que se celebrará o domingo, 19 de Maio de 2013, como colofón á Semana Cultural que se vai desenvolver no Centro, e con tal motivo, comprácese en convidar aos alumnos/as dese Centro a participar nas diferentes probas, para as que se establecen as seguintes categorías:


XXV CROSS ESCOLAR E POPULAR CEIP PLURILINGÜE TIRÁN

Ningún comentario:
A asociación de Nais e Pais “Madreboa” do C.E.I.P Plurilingüe de Tirán, coa colaboración do Concello de Moaña e o Clube de Atletismo Samertolameu, pon no seu coñecemento que o vindeiro domingo 12 de maio a partir das 10:00h da maná, vai celebrar o XXV Cross escolar e popular.