martes, 28 de febreiro de 2012

3º CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA (2012)

Ningún comentario:

III CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA

A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 18 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 3º Cross Escolar. 


É por este motivo polo que temos o pracer de convidar a tódolos alumnos e alumnas do seu colexio a participar nas diferentes probas descritas a continuación:


luns, 20 de febreiro de 2012

"Enterrando o ensino público"

Ningún comentario:
Este é o título da escenificación que a Federación de Anpas de centros públicos de Cangas, vai facer no enterro do Momo. Todos os intersad@s en asistir deberán vestir de luto, e levar un cirio de cementerio cor vermello e no seu defecto calqueira outro. O pase farase en absoluto silencio. Ademais levaremos un ataúd onde lle preguntaremos ao Sr Vazquez ou Feijoo se ese é o destino do ensino público, e portaremos carteis reivindicativos cos recortes sofridos polo ensino publico.

Quedamos as 20.00h detrás da gasolinera de Cangas, o mércores.



Un saúdo

venres, 17 de febreiro de 2012

É UN FEITO.....

Ningún comentario:
Esta tarde recibin unha chamada, que me comunicaba, que por fin, é un feito...

XA TEMOS COMEDOOOOOOOOOOOOOOORR!!!!!!! BEN POLO DE AGORA SÓ É UNHA PREVISIÓN CASE UN FEITO, xa faltou mais...


Quero darlle a noraboa a todas e todos os que apoiastes a loita por este dereito, unha vez mais demostrase que a unión fai a forza e coa perseverancia consiguense as cousas. O tempo deunos a razón...

NORABOA A TOD@S!!! E GRACIÑAS, seguimos na loita...

María