mércores, 27 de xaneiro de 2016

Charlas de nutrición saludables a impartir no noso cole pola asociación ADICAM

Ningún comentario:
..."Dende ADICAM (asociación de diagnosticadas de cancro de mama) ...decidimos poñer en marcha un proxecto chamado "DOCE PASOS HACIA A SAUDE", que vai dirixido a toda a población por medio de diferentes talleres, grupos de camiño e charlas durante todo o ano, encamiñado a mellorar a nosa saude física e psíquica"... 

As charlas terán este horario:
Primeira xornada (Luns 1 de febreiro 16:30)
  • Alimentación ideal
  • Composición dos alimentos.
  • Metodos de cociñado.
  • Taller sorpresa.
Segunda xornada (Luns 7 de marzo   16:30)
  • Lectura de etiquetas
  • Merendas saudables
  • Productos de recomendado consumo ocasional.
  • Taller sorpresa.
Terceira xornada (Luns 4 de  Abril    16:30)
  • O leite estudios e perspectivas.
  • Alimentación e cansancio
  • Alimentación e moco.
Cuarta xornada (Luns 2 de Mayo    16:30)
  • Menus saudables
  • Exercicio físico.
ASOCIACIÓN DE DIAGNOSTICAD@S DE CANCRO DE MAMA DE PONTEVEDRA (ADICAM). Casa da Bola (Valentín Losada 1-1º), Cangas do Morrazo. 986 30 71 58. www.adicam.net  adicamadicam@gmail.com 

martes, 26 de xaneiro de 2016

A Xunta organiza visitas ás Illas Atlánticas para nenos e nenas fóra do período estival

Ningún comentario:
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro mércores, 27 de xaneiro. As actividades serán gratuítas salvo o transporte.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio retoma unha nova convocatoria do programa de visitas guiadas ‘Descubrindo o Parque Nacional’, que nesta edición terá como novidade as rutas específicas para o público infantil. A actividade busca divulgar e dar a coñecer o patrimonio natural dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, fóra da tempada de verán, para descubrir os seus valores desde outro punto de vista e nunha época de menor afluencia. As actividades serán gratuítas salvo o desprazamento ás illas.

Aquí máis información...

Menú Febreiro 2016

Ningún comentario:
Aquí tedes o menú do mes de Febreiro... Saúdos.

luns, 25 de xaneiro de 2016

Igualdade rectifica e as ANPA xa non terán que pedir a renda ás familias (La Voz de Galicia 23/1/16)

Ningún comentario:
A Secretaría Xeral de Igualdade acaba de publicar unha instrución que modifica a resolución do pasado 30 de decembro sobre axudas destinadas a estudantes de infantil, primaria e educación especial que participen en actividades extraescolares organizadas polas asociacións de nais e pais de alumnos (ANPA). Esas axudas outórganse para facilitar a conciliación laboral e familiar e son financiadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo, que as dotou este ano con 250.000 euros.

A semana pasada, as ANPA de centros públicos mostraron a súa contrariedade coa resolución de decembro porque, entre outras cuestións, obrígalles -e é novidade este ano- a pedir aos pais a declaración do IRPF, pois só se lles concederán a aqueles pais cuxos ingresos non superen en 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples.

O IV Certame de Relato Curto

Ningún comentario:
Poderán presentarse todos os alumnos e as alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, así como o profesorado e familiares que convivan con eles. Cada persoa poderá presentar un relato inédito que conteña entre 200 e 300 palabras e que deberá enviar por correo electrónico a certame.relatocurto@nontedurmas.org antes do 29 de febreiro.

venres, 22 de xaneiro de 2016

Relación de Actividades na "Semana da Educación 2016" en Santiago

Ningún comentario:
A USC, propón a programación das actividades da Semana da Educación 2016 co título ‘Respondendo a retos: educación para o cambio’. Todas as actividades son abertas e gratuitas aínda que por control de aforo (nalgunhas delas moi reducido) é imprescindible inscribirse.
Aquí tedes a ligazón para informaros/inscribiros...

mércores, 20 de xaneiro de 2016

A reválida de sexto: seis semanas para informar ás familias (LaVoz de Galicia 20/1/16)

Ningún comentario:
Cando termine este curso, os alumnos de sexto de primaria de todo o país -si o próximo Goberno non elimina a Lomce de forma fulminante- terán que someterse á Avaliación Final de Educación Primaria, ou reválida de sexto, como se deu en chamar. O ministerio deu a coñecer onte as claves do exame de acordo coas comunidades...

venres, 15 de xaneiro de 2016

Presentación dun Documental da Illa de Ons no Museo Massó (22/01/16 ás 20:30h)

Ningún comentario:
Fóra do Continente", documental de Nico Martínez Millán. O autor presentará a súa curta documental que trata sobre a Illa de Ons. Un alegato que fan as protagonistas dunha illa case deserta.

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Teatro Científico “Non toques os meus círculos” no MUNCYT (31/01/16 ás 12:30h)

Ningún comentario:
Teatro no MUNCYT da Coruña (recomendado a partires de 10 anos):
"Segundo a lenda, "non toques os meus círculos" foron as últimas palabras do sabio Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun soldado romano, polo ano 212 a. de C.
Ano 2015. Tomás Canalejo é un físico acaba de ser despedido da universidade. Unha vítima máis dos recortes presupuestarios. Logo de moitos anos como investigador, intenta abrirse camiño como divulgador da figura de Arquímedes. Entusiasmo, vontade e osadía non lle faltan, mais... chegaralle con iso? A través do seu proceso de reinvención, e con toda a súa inocencia, Tomás vai mostrando unha visión irreverente e iconoclasta das distintas faces do poder e de quen o exercen. Imaxes esperpénticas fronte ao respecto que inspira o xenio de Siracusa".

Documento que contén as directrices e liñas de actuación da Concellaría de Ensino do Concello de Cangas - 2016

Ningún comentario:

..:"No pasado Pleno do Consello Escolar Municipal de Cangas, celebrado o 2 de decembro  de 2015, marcáronse obxectivos, directrices  e liñas básicas a desenvolver neste novo ano 2016. Propostas e obxectivos que se complementerán e definirán nas vindeiras novas xuntanzas dos primeiros meses do ano en curso con todos os sectores da Comunidade Educativa. ...": Puntos: 1-Consello Escolar Municipal; 2-Xuntanza con sectores educativos; 3-Plan de actividade