mércores, 23 de decembro de 2015

Concerto de "A Gramola Gominola" no Auditorio de Cangas este luns 28

Ningún comentario:
Co galo das actividades de "Nadal en Rede", de Política Lingúistica, "A Gamola Gominola" estarán en Cangas, no Auditorio Municipal, o luns 28 de Decembro ás 18.00 horas. O concerto é promovido pola Xunta e por tanto, é totalmente de balde. 

mércores, 16 de decembro de 2015

luns, 14 de decembro de 2015

Teatro de marionetas na biblioteca de Hío o martes 15 ás 18:00

Ningún comentario:
http://marionetastrecola.com/espect%C3%A1culos/rai%C3%B1as.html

Felicitación de nadal do equipo da nosa ANPA

Ningún comentario:

Outro premio para un proxecto realizado no noso cole. Parabéns, profes e nen@s!!!

Ningún comentario:
O Premio Alfabetización audiovisual ten como finalidade galardoar aos centros docentes españois que fomenten a alfabetización audiovisual a través do desenvolvemento de proxectos que se materialicen na implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiais curriculares e de apoio, así como todos aqueles traballos innovadores que contribúan a achegar aos alumnos a cinematografía e o audiovisual. Concedeuse o premio «Alfabetización Audiovisual» na categoría "Primaria" para o traballo "Un viaje en el tiempo" do noso cole.

xoves, 10 de decembro de 2015

Información do Concello de Axuda Humanitaria para Siria

Ningún comentario:
Acompáñase información sobre a Campaña de recollida de Axuda Humanitaria para Siria da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade


Taller de decoración de galletas o vindeiro xoves 17 no noso cole

Ningún comentario:
TALLER DE DECORACION DE GALLETAS:
O vindeiro xoves 17, a partir das 5 da tarde, realizarase un taller de decoración de galletas. Para participar haberá que inscribirse por algunha destas vías, dando nome do alumno e curso:
1. Responder á mensaxe do Tokapp
2. Enviando un mail a: anpa.arua@gmail.com
3. Deixando nota no buzón do anpa

A data límite para inscribirse será o luns 14 ás 14:30h.

¡¡¡¡¡¡¡Esperámosvos a tod@s!!!!!

Información dos cursos de natación na piscina "A Balea" de Cangas

Ningún comentario:
A piscina de Cangas "A Balea" ofrece cursos para tódolos socios do Anpa do cole "A Rúa". A duración do curso comprende o período escolar. Impartiranse clases 2 días a semana, cunha duración de 45 min. cada unha.

Os horarios correspondentes ós diferentes cursos son os seguintes:
INFANTIL (3, 4 e 5 anos) ---------- 16:15 a 17:00 h. (elixir 2 días de luns a venres)
1º, 2º e 3º (6, 7 e 8 anos) --------- 17:00 a 17:45 h. (elixir 2 días de luns a venres)
5º e 6º (9 e 10 anos) ---------------- 17:45 a 18:30 h. (elixir 2 días de luns a venres)
PREZO MATRICULA: 20,20 €
COTA MENSUAL: 10,10 € 

Tódolos interesados neste curso, que dará comezo en Xaneiro, terán que facer unha pre-inscrición no Anpa, para confirmar a dispoñibilidade nos días solicitados, xa que hai grupos limitados.

Tódolos interesados que nos fagan chegar os seguintes datos a través do mail anpa.arua@gmail.com, a través do buzón do cole, o respondendo á mensaxe do Tokapp:

NOME ALUMNO:
CURSO:
DIAS SOLICITADOS (2):
PERSOA DE CONTACTO:
TELÉFONO:

Despois da pre-inscrición, unha vez confirmados os grupos, cada pai/nai/titor legal cubrirá a folla do curso nas instalacións da piscina, axuntando a seguinte documentación: DNI pai/nai/ titor e certificado de conta bancaria, para a domiciliación dos pagos. 

O primeiro mes e matrícula pagarase en recepción da piscina a primeira semana do mes, de 19 a 21 horas, e domiciliaranse os seguintes.

Tamén informamos que este servizo é soamente para socios do Anpa e se algún "no socio" esta interesado, deberá dirixirse á piscina directamente.

luns, 7 de decembro de 2015

"O Ártico rómpese". Exposición en Pontevedra moi interesante

Ningún comentario:
Do 18/11/2015 - 11/12/2015 na Praza de España (Pontevedra)
Se non existise o Polo Norte, o noso planeta sería tan diferente que non o poderiamos recoñecer. Esta exposición itinerante ten por obxecto mostrarnos a singularidade do ecosistema ártico, explicarnos o importante papel que xoga no clima global e descubrirnos as súas características e a súa biodiversidade...

venres, 4 de decembro de 2015

Constitución do Consello Escolar Municipal de Cangas (CEMC). Representantes e primeiros informes deste ano.

Ningún comentario:
O regulamento di:

..."O CEMC constituese como órgano de consulta e participación cidadán na planificación e intervención educativa do Concello de Cangas. As finalidades sobranceiras do CEMC serán as de estudio, asesoramento e emisión de propostas á Corporación Municipal e á Administración educativa sobre tódolos aspectos do ensino non universitario que incidan na nosa poboación, buscando a máxima participación de tódolos cidadáns, entidades e organismos interesados no feito educativo"... ..."O abeiro do disposto no artigo 16 da lei do Parlamento de Galicia 3/1986 de 18 de Decembro, e do artigo 30 do Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria 44/1988, do 11 de febreiro que regula a composición dos Consellos Escolares Municipais"...

Aquí tedes a ligazón co pdf do seu regulamento completo... Tamén deixamos esta ligazón da noticia na prensa (Faro de Vigo).

Do pleno do día 2 de decembro documentáronse dous informes que tamén adxuntamos: