domingo, 28 de setembro de 2014

Novas das actividades ofertadas pola Anpa...

Ningún comentario:
Informámosvos que das actividades ofertadas pola Anpa, non se realizaran por falta de grupo minimo as seguintes: Teatro e expresión corporal, Taller ludico en inglés para primaria, Taller infantil e Obradoiro musical. A actividade de Taller ludico en inglés para infantil, comenzará o vindeiro martes dia 7 de outubro. Balonman, tamén ten grupo, avisaremosvos para unificar un dia que sexa axeitado para a maioria. Quedan pendentes Futbito e Danza Moderna

Boa fin de semana

luns, 22 de setembro de 2014

Taller para nais de Capoeira para o martes 23/09

Ningún comentario:
O vindeiro martes 23 de setembro, a partir das 16;30h, a asociación de capoeira “Caposolto”, realizará un taller para nais, pais e fillos no pavillón do CEIP A Rua. Estades todos convidados a participar. Adxuntamos pdf informativo.
Este deporte ofrecerase como actividade extraescolar no caso de haber persoas interesadas. 
Por favor avisanos se vas a asistir, moitas gracias https://db.tt/7saBnr2m

venres, 19 de setembro de 2014

Actividades extraescolares 2014-15 da Anpa. Circular informativa

Ningún comentario:
Coa finalidade de poñer en marcha as actividades extraescolares do curso 2014-2015 rogámosvos que devolvades, por medio dos vosos fill@s, o formulario debidamente cumprimentado antes do 26 de setembro, co nome do alumn@, curso e actividades xestionadas pola Anpa nas que esté interesado en participar. Os neno@s poden deixar o formulario no buzón da ANPA.
  • TALLER LÚDICO EN INGLÉS
  • TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL
  • TALLER INFANTIL
  • OBRADOIRO MUSICAL
  • BALONMAN
  • FUTBITO
  • DANZA MODERNA E BAILES LATINOS

Nota informativa: para @s nen@s interesad@s na actividade da piscina...

Ningún comentario:
Informan dende a piscina que todolos nenos e nenas que estén interesados na actividade, deberán anotarse na anpa. Despois nos remitiremos o listado a piscina. O prazo ata o 30 de setembro. Se queredes que vos Anotemos deixade OS datos do neno ou nena no buzón. Nome, curso
Un saudo
Maria

xoves, 18 de setembro de 2014

PROMOCION ANPAS COLEGIOS TEMPORADA 2014-2015 (AQUA2O)

Ningún comentario:
"...
Actividades promocionadas: natacion, zumba y taikic artes marciales
Precios de las actividades: (irán en relación a los niños que se adhieran a la oferta)
los horarios de natacion son: ( los de taikic y zumba de a convenir)
De tarde de lunes a viernes en los horarios siguientes:
                     16'30, 17'15, 18'00, 18'45, 19'30 
De mañana los sabados:
                       A LAS 10'15, 11'00, 11'45, 12'30. 
Cada Niño Vendrá En El Horario Que Le Convenga, Es Decir, Ningún Colegio Tiene Un Horario Estipulado.
..."

mércores, 17 de setembro de 2014

Oferta de Obradoiros Infantís da Concellería de Xuventude (204-2015)

Ningún comentario:
Dende a Concellería de Xuventude remitimos a información da actividade anual de Obradoiros infantís que se desenvolverán na Casa da Xuventude dende outubro de 2014 a maio de 2015. Un ano máis os Obradoiros Infantís abren as súas portas a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 hs.
...
Os pais/nais/titores dos/as nenos/as interesados/as en asistir aos Obradoiros Infantís, anotarán aos pequenos/as na Casa da Xuventude de Cangas a partires do martes 16 de setembro, e o curso iniciarase o vindeiro 20 de outubro.

A inscrición farase efectiva unha vez se cubra o formulario de inscrición e se pague a cota anual correspondente de 25 € por 2 horas ou 40 € por 4 horas semanais.

luns, 15 de setembro de 2014

NOTA INFORMATIVA SETEMBRO 2014 (Tokapp School & Cota Anual)

Ningún comentario:

Aplicación Tokapp School
Tal e como se informou a finais do curso pasado, a anpa comunicará a partir de agora as súas notificacións a través da aplicación Tokapp School. Esta e a circular de actividades que recibiredes en breve, serán as ultimas circulares que se vos envie por esta via (papel). Agradeceriamosvos que nos indicasedes os vosos usuarios de tokapp ou o voso correo electronico o antes posible.
... (máis información no ficheiro a descargar)...

Cota Anual
Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2014/2015, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Abanca, no seguinte nº de conta: 2080 5079 83 3040001135.
No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.

domingo, 14 de setembro de 2014

Programa deportivo da Fundación Cangas Deporte (2014-2015)

Ningún comentario:
A Fundación Cangas Deporte, xunto cos clubs dos deportes ofertados, ten programado para o mes de Outubro o comezo da undécima edición do programa onde, a través dos Centros de Educación Infantil e Primaria de Cangas, quérese achegar todas as variedades deportivas existentes no noso concello, e outras novas, para así aumentar a oferta deportiva aos nenos/as e nenas do mesmo. O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 26 de setembro de 2014 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.

O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 26 de setembro de 2014 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.
Clicade aquí para descargar o listado correspondente ao noso cole...

sábado, 13 de setembro de 2014

Menús de setembro

Ningún comentario:
Relación de menús no noso comedor en setembro 2014

Reunión extraordinaria (martes 16 de setembro 2014)

Ningún comentario:
Estimad@s nais e pais,
Co inicio de curso, convocámosvos a unha reunión o vindeiro martes 16 de setembro, ás 18:45h en primeira convocatoria (ás 19h en segunda convocatoria), para explicarvos varios asuntos nos que necesitaremos da vosa axuda para que se poidan levar a cabo:
  1. Aula matinal
  2. Reforma do patio exterior
Aquelas familias que desexen usar a aula matinal e non poidan asistir á reunión, podedes comunicar o voso interese á ANPA deixando unha nota no buzón ou á dirección do centro.


A Xunta Directiva.

SINDROME DE ASPERGER: Guía práctica para a intervención no ámbito escolar

Ningún comentario:

Documento de regulamento de comedores de xestión indirecta (2014-2015)

Ningún comentario:
Instrucción 2/2014 da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 5 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2014-2015... (ficheiro pdf)

martes, 2 de setembro de 2014

Calendario escolar 2014/2015

Ningún comentario:

...E en prensa (cincodias.com)
"...O calendario escolar fixa que os alumnos de segundo ciclo de educación infantil, educación especial educación primaria empezarán as clases o 10 de setembro de 2014 e finalizarán o 19 de xuño de 2015. Para as clases de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional as clases comezan o 15 de setembro de 2014 e terminan o 19 de xuño de 2015, ambos incluídos.

Vacacións:
  • Nadal: dende o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.
  • Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
  • Semana Santa: dende o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos incluídos..."

Material escolar 2014-15 proposto, para o noso cole

Ningún comentario:
Link do material escolar para o curso 2014/2015

Libros de texto suxeridos 2014-2015, para o noso cole

Ningún comentario:
Libros de texto publicados ata o de agora...