luns, 6 de decembro de 2021

PROGRAMA DE RADIO 🎙🎧 DO ALUMNADO DO CEIP A RÚA PARA LOITAR POLA IGUALDADE

Ningún comentario:


A ANPA do CEIP A Rúa, de Cangas, desexa compartir coa cidadanía o programa radiofónico en favor da igualdade elaborado polo alumnado de Educación Infantil e Primaria na semana en que se conmemora o  #25N Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Nenos e nenas participaron nun obradoiro de radio e igualdade organizado pola ANPA, realizado pola Asociación de Comunicación para o Cambio Social AGARESO  e financiado pola Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Como resultado, gravaron un programa onde reflexionaron sobre os estereotipos, os roles e a discriminación de xénero.

Para iso, achegáronse ás personaxes de debuxos máis populares, aos contos clásicos e ao formato informativo desde unha perspectiva feminista. "Por un presente en igualdade" foi un dos desexos formulados polo alumnado como unha invitación a sumarse á loita contra o machismo.


Pódese escoitar aquí: 

https://www.ivoox.com/igualdade-ceip-a-rua-cangas-audios-mp3_rf_77605346_1.html


Ver presentación