xoves, 25 de xuño de 2015

Actividade de plantar unha árbore en Chan d´Arquiña

Ningún comentario:
Tódalas familias que asistiron a ruta de sendeirismo o pasado dia 14 de Xuño, están convidadas a plantar as árbores que quedaron pendentes na ruta, este domingo 28 ás 11:00 horas en Chan d'Arquiña.

Un saúdo.

Ofertas de ludoteca e escola de natación para nen@s neste verán

Ningún comentario:
A dirección da piscina "Aqua2O" púxose en contacto connosco para comunicarnos as promocións das que dispoñen este verán.


Campamento de Atletismo para o verán do clube de Atletismo Samertolameu 2015

Ningún comentario:
Enviamos esta información dun campamento de verán:
"...Campus de atletismo de verán nas pistas de atletismo de Moaña (A XUNQUEIRA). Adestramento impartido por persoal especializado con coñecementos técnicos e ampla experiencia no traballo con nenos e nenas. Práctica das distintas modalidades do atletismo: fondo, cross, velocidade, lonxitude, saltos, lanzamentos.... combinado con actividades lúdicas e divertidas.
IDADES: De 3 a 12 anos INSCRICIÓN: gratuita para atletas do clube e 15€ para non soci@s. Cubrir ficha e realizar o pago o día de comezo da actividade. 
Máis información: clubatletismosamertolameu@gmail.com Tlf: 611455454 DATAS: LUNS E XOVES DO MES DE XULLO DE 10 A 12Horas Os mais pequenos (3-4-5 anos) farán de 11 a 12 Horas. COMEZAMOS O 2 DE XULLO.."

mércores, 24 de xuño de 2015

Emotivo documental feito pol@s profes e alumn@s de 5ª de Primaria do curso 2014/15. Parabéns

Ningún comentario:
Precioso documental d@s alumn@s e profes de 5º curso de Primaria deste curso 2014/2015. Consecuencia do proxecto de "Cine en Curso", o documental se titula "Deixando atrás" que ofrece a súa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60:

martes, 23 de xuño de 2015

Obradoiro de cociña para nen@s entre 5 e 10 anos do Concello

Ningún comentario:

A Concellería de Xuventude e a Concellería de Turismo organizan un Obradoiro de Cociña para nenos e nenas de entre os 5 e 10 anos.


Con motivo da V Feira da Tapa “Cangas Sabe ben”, as Concellerías de Xuventude e  de Turismo ofertan un Obradoiro de Cociña para nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, ámbolos dous incluídos.

Esta actividade será impartida por Merchi Rodal, reposteira do programa de cociña “Larpeiros”. Este taller culinario terá lugar o día 25 de xuño entre as 10.00 e as 13.00 hs, no 1º Andar da Praza de Abastos de Cangas.

Para anotarse poden pasar pola Casa da Xuventude en horario de 9.00 a 14.00 hs, ata o día 23 de xuño, pagando unha cota de inscrición de 5 €.

As prazas son limitadas e respectarase a orde de inscrición dos cativos/as.

Máis información:
Oficina de Turismo: 986392023
Casa da Xuventude: 986392171

Banco de libros do Concello de Cangas

Ningún comentario:
Informar aos Pais e nais da mensaxe recibida do Concello ao respecto do banco de libros:

"Pola presente comunicámosvos que o Banco de Libros Municipal comezará o seu funcionamento a partires do 15 de xullo. Esperamos contar cos listados de libros de texto do vindeiro curso para poder organizar as solicitudes e doazóns. 

Sen mais, un saúdo
Elisa Barroso Parada
Centro Municipal de Benestar Social
Rúa Andalucía nº3, baixo
986392266/67"

luns, 22 de xuño de 2015

Vídeo/imaxes da festa de fin de curso deste ano (do 06/06/15)

Ningún comentario:
Aquí tedes un vídeo dalgunhas imaxes da festa do 06/06/15...



Un éxito, grazas a tod@s

xoves, 18 de xuño de 2015

Resumo do libro de contabilidade de ingresos pola cota de soci@s

Ningún comentario:
Nesta imaxe presentamos o resumo dos ingresos obtidos pola cota de socios do curso pasado (2014-15). Tamén se mostra a "relación de socios/non socios" por clase. O obxectivo é conseguir a ratio do 100%...  ANIMÁDEVOS PARA ESTE CURSO!!!!


mércores, 17 de xuño de 2015

Relación de nais e pais do novo equipo directivo da nosa ANPA (17/6/15)

Ningún comentario:
Estimadas familias,
Como todos sabedes, o día 06/05/15 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa. Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 17 membros, comezando esta nova etapa con moito ánimo e ilusión:
  • Presidenta: Mª Elena Iglesias
  • Vicepresidenta: Eva Pereira
  • Secretaria: Ángela Sánchez
  • Tesoureira: Sandra Martínez
  • Vogais: Belén Puime, Bruno Dacuña, Carlos Martínez, Mª Carmen Barreiro, Isabel Rodríguez, María Fernández, Patricia Rodríguez, Modesto Fernández, Mª Belén Cabral, Mª Nuria Nuño, Alba Santos, Iris Cordeiro, Andrea Parcero
Un saúdo.

martes, 16 de xuño de 2015

Comunicado de presentación do novo equipo directivo da nosa ANPA 2015

Ningún comentario:
Estimadas familias,
Como todos sabedes, o día 06/05/15 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa, e a modo de presentación, invitámosvos a participar nas actividades e proxectos que se van a levar a cabo.
Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 17 membros, e comezamos esta nova etapa con moito ánimo e ilusión.

Dicir que sen a colaboración dos socios os nosos proxectos carecerían de sentido, xa que as apartacións de todos os socios, tanto en axuda humana como económica (15 €/ anuais/familia), fan que todo isto sexa posible.

Como mostra, indicar que a Festa de Fin de Curso, e a saída a Chan Darquiña (ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA) supoñen un grande esforzo humano e económico, do cal se benefician todas as familias do cole (tanto socios coma non socios).

Aproveitamos a ocasión, para agradecer:
  • A dirección do centro e o profesorado, así coma a todo o persoal non docente, pola súa colaboración.
  • A Xunta Directiva cesante, que facilita a transición e nos aporta a súa experiencia.
  • A todas as familias que forman parte da Anpa, e a todas as persoas que colaborar cando se solicita a súa axuda.
Como conclusión, queremos animar a todas as familias do cole, a PARTICIPAR DE ESTA ASOCIACIÓN, xa que así todos poderemos beneficiarnos da súa actividade, sendo máis xusto para todas as familias.

Un saúdo ,

A Xunta Directiva, Anpa a Rúa

Aquí a ligazón para o documento...

Aula matinal para o curso 2015-2016. Pre-inscrición.

Ningún comentario:
Adxuntamos notificación da actividade extraescolar AULA MATINAL, para o vindeiro curso 2015/2016. Esta actividade dará comezo O PRIMEIRO DÍA DE CLASE e rematará o ÚLTIMO DÍA DE CLASE, favorecendo así a conciliación da vida familiar e laboral.

O PREZO é estimado, xa que poderá variar en función do número de nen@s anotados. As cotas serán mensuais e por meses completos, xa que xa están incluídos os descontos dos meses con menos días.

O resto da oferta de actividades extraescolares enviarase en Setembro, xunto con todas as normas.

@s interesad@s tedes a ligazón coa folla para facer a pre-inscrición, e devolver cuberta no buzón da ANPA, por Tokapp ou por Email (anpa.arua@gmail.com), antes do 19 de xuño.

Un saúdo,

A Xunta Directiva.

"Los neandertales regresan a Chan de Arquiña" (faro de Vigo 16/06/15)

Ningún comentario:
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/06/16/neandertales-regresan-chan-arquina/1260550.html ...Vexo que tiñamos un "infiltrado" do mundo da prensa... un éxito, en definitiva...

domingo, 14 de xuño de 2015

Web de recollida de firmas para reclamar voltar ao sistema de empréstito Universal

Ningún comentario:


"O Ensino público debe ser gratuíto, e non o será en tanto esa gratuidade non alcance á todalidade da atención que precisa a infancia e xuventude para se formar, sexan infraestruturas, sexa profesorado, sexan o material didáctico que teña que utilizar.

E a gratuidade non pode ter matices, gratuíto implica que todo o mundo ten dereito a non volver a pagar por participar do Ensino Público, xa pagamos cando tributamos, e xa o facemos dun xeito diferente segundo as nosas rendas porque teoricamente os impostos gravan dun xeito progresivo"...

Fixemos camiño en "Chan da Arquiña" con moit@s amig@s (14/06/15)

Ningún comentario:
Aquí tedes un vídeo de imaxes da ruta...



Un éxito, grazas a tod@s

venres, 12 de xuño de 2015

Concentración pola gratuidade universal dos libros de texto e material escolar (15/06/15)

Ningún comentario:
O presidente da Confederación Anpas Galegas, Javier Sánchez, lembrou  hoxe en Ferrol que o vindeiro luns 15 de xuño terán lugar varias concentracións nas que, ademais  de reivindicar o sistema de préstamo universal  dos libros de texto e o material escolar, se protestará pola implantación, por parte da consellería de Educación,  do sistema de axudas mínimas e o ficticio fondo solidario. Esta mobilización, convocada pola Confederación de ANPAS galegas comezará ás 20:00 horas en varias localidades galegas, e, entre elas, en Cangas.

xoves, 4 de xuño de 2015

Mostra de teatro infantil o 6 de xuño en Cangas

Ningún comentario:
A Federación de ANPAS "a Gameliña" organiza a "mostra de teatro infantil", o 6 de Xuño no Auditorio Municipal de Cangas. 

Aquí a ligazón do cartel...

Ruta de sendeirismo para o día 14 de Xuño co-organizada pola nosa ANPA...

Ningún comentario:
Invitámoste a gozar dunha ruta de sendeirismo o vindeiro 14 de xuño. É unha actividade pechada só para as familias do Ceip Domaio e Ceip A Rúa. Os nenos deberán ir acompañados por un adulto. Esperámoste alí!! e non esquezas a túa viseira!! 

Aquí tedes a ligazón da proposta...

Interesantes artigos que falan do novo sistema de préstamo de libros da Xunta...

Ningún comentario:
Un bo resumo é o esquema que está no debuxo adxunto (ao clicar no debuxo ides á noticia) e neste párrafo do artigo do periódico "praza.gal":
..."Foi unha das grandes controversias provocadas polo PP tras o seu retorno á Xunta e agora, seis anos máis tarde, transita polo terreo da rectificación parcial. No ano 2009 o presidente da Xunta e o daquela novo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, defenderon con vehemencia a supresión do préstamo de libros de texto a toda a comunidade escolar do ensino público. Segundo Feijóo e Vázquez aquel "café para todos" provocaba un "moi elevado gasto" que inzaba de "carga burocrática" as direccións dos centros e, aínda por riba, impedía a creación do que daban en chamar "bibliotecas familiares" mediante a acumulación de manuais en cada fogar. Por todo aquilo implantaron a denominada "gratuidade solidaria", un modelo de axudas parciais que agora vai convivir cun novo sistema de préstamo semellante ao noutrora deostado dende a Consellería de Educación"...

mércores, 3 de xuño de 2015

Axudas para libros de texto no curso 2015-2016

Ningún comentario:
Publicouse a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:
* Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
* Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.
Pódese descargar a solicitude na seguinte ligazón:

Orde do 22 de maio de 2015

martes, 2 de xuño de 2015

Festa de fin de curso 2015 (o 06/06/15)

Ningún comentario:
O 6 de xuño temos festa no cole!!!!!!!!!!!!!!!!!
estades tod@s convidad@s!!!!!!!!!!!!

  • PODEDES VIR DISFRAZADOS OU CON ALGÚN ELEMENTO PIRATA.
  • TEDES QUE SER PUNTUAIS, XA QUE PARA LEVAR A CABO A GIMKANA TEMOS QUE FORMAR GRUPOS.