martes, 23 de novembro de 2021
20N...DIA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.
martes, 9 de novembro de 2021
📚Sabes como funciona a Biblioteca viva da Gameliña?
A Gameliña, Federación de Anpas de Cangas, pon a disposición das familias a Biblioteca Viva:
Para ver todos os libros, videoxogos e xogos que temos dispoñibles consulta no seguinte enlace o listado
https://federanpasdecangas.blo Cando elixas o que queres envia un correo solicitandoo a biblioanpas.igualdade@gmail.co
O mércores unha persoa da túa ANPA fará entrega no teu centro escolar (Sara Soage / Alicia Alonso para o CEIP A Rúa)
Os luns toca recollida do mesmo xeito que se fixo a entrega.
Actividade levada a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.