mércores, 28 de marzo de 2018

Resumo IX Cross Escolar CEIP A Rúa

Ningún comentario:

O pasado día 18 de marzo levouse a cabo o IX Cross Escolar CEIP A Rúa que fora aprazado por mor da alerta vermella do día 11 de marzo.

Tivemos inscritos máis de 250 rapaces.

As carreiras comezaron arredor das 10.30 da mañá e realizáronse tódalas probas sen imprevistos. A entrega de premios fíxose arredor das 12.30 e contamos coa asistencia de Xoán Chillón Concelleiro de Educación e deporte. Tamén entregaron trofeos O Clube de Atletismo Vila de Cangas e os membros do ANPA

Contamos coa colaboración de pais do cole, o Clube de atletismo Vila de Cangas, o Concello de Cangas, policía local, protección civil, o 061, numerosos establecementos de Cangas, o propio centro e todo o equipo que forma o ANPA A Rúa .

Este é o enlace co video das fotos do día do Cross:
https://youtu.be/yn6jrU9lhIc

A clasificación por categorías é a seguinte:

Alevín Feminino:
1° Iris Malvido Pardavila – CEIP Hio
2° Nerea Malvido Pardavila – CEIP Hio
3° Cristina Taboada Cortegoso – CPR Sagrada Familia

Alevín Masculino :
1° Jorge Costas Iglesias – CEIP San Roque
2° Manuel Lemos Gómez – CPR Sagrada Familia
3° Samuel Carracelas Alonso - CEIP Castrillón

Benxamín Feminino:
1° Dolores Alonso - CEIP Plurilingüe de Tirán
2° Uxía Gil Calviño - CEIP A Pedra
3° Ana Costas Iglesias – CEIP San Roque

Benxamín Masculino :
1° Hugo Domínguez Juncal - CEIP Montemogos
2° Hugo Collazo Costas – CPR Compañía de María
3° Juan Brun Pousada - CEIP Castrillón

Prebenxamín Feminino:
1° Aldara Sotelo Quinteiro - CEIP A Rúa
2° Carla Corral Solla - CEIP Domaio
3° Daniela Gómez Malvido - CEIP A Rúa

Prebenxamín Masculino:
1° Mario Torres Hernández – CEIP Espiñeira
2° Enzo Fernández – CEIP Plurilingüe de Tirán
3° Miguel Fernández Calvar - CEIP A Rúa

Pitufos 5 años Feminino:
1° Carla Salgado - CEIP Nazartet
2° Sabela Miranda Rodríguez – CEIP A Rúa
3° Emma Collazo Costas – CPR Compañía de María

Pitufos 5 años Masculino:
1° Samuel Corrales – CEIP Plurilingüe de Tirán
2° Angel Refojos – CEIP Nazaret
3° Ian Rodal Barreiro – CEIP San Roque

Pitufos 4 años Feminino :
1° Nora Moreira Pérez – CEIP A Rúa
2° Ariadne Santomé Paredes – CEIP Seara
3° Aldara Dacosta Fandiño – CPR Casa de la Virgen

Pitufos 4 años Masculino :
1° Carlos Pérez Méndez – CPR Eduardo Pondal
2° Mateo Rey Cancelas - CEIP Castrillón
3° Teo Fernández Martínez – CPR Eduardo Pondal

Pitufos 3 años Feminino :
1° Nicole Pérez Antequera
2° Naiara Rodríguez Fervenza – EEI Verducedo
3° Emma Villar Martínez – CEIP A Rúa

Pitufos 3 años Masculino :
1° Elier Otero Gómez - CEIP A Rúa
2° Mateo Da Cruz Solla – CEIP Plurilingüe de Tirán
3° Xián Moreira Martínez – CPR Eduardo Pondal

Exalumnos :
1° Joel Curro
2° Xaime Martínez – IES Rodeira

Nais:
1° Leticia Vilas Rodas - CEIP A Rúa
2° Matilde Acuña – CPR Compañía de María
3° Ana Isabel Chapela – CEIP A Pedra

Pais :
1° Raúl Corrales – CEIP Plurilingüe de Tirán
2° Iván García – CEIP A Pedra
3° José Luis Fazanes – CEIP A Pedra




Grazas a tod@s pola vosa axuda sen vos non sería posible!!!!!!!!


domingo, 18 de marzo de 2018

ARTÍCULO

Ningún comentario:
Aqui vos deixamos o enlace sobre un artículo moi interesante sobre o aprendizaxe dos nenos conxunto coa natureza.
Un saúdo

http://www.tierraenlasmanos.com/naturaleza-lugar-ideal-juego-ninos/

mércores, 14 de marzo de 2018

video

Ningún comentario:
https://youtu.be/QPCG59JLkSU

Convocatoria campamentos da Deputación 2018

Ningún comentario:
 





Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:
·         Nacer entre os anos 2005 e 2010 (ambos incluídos)
·         Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra
·         Non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa en fase activa
Poderán participar menores en situación de tutela ou garda por parte da Administración que se atopen en acollemento residencial nun centro da provincia de Pontevedra.
No caso de menores que precisen un apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, esta circunstancia deberá facerse constar no cuestionario de saúde e autonomía persoal, detallando do xeito máis preciso posible as súas necesidades específicas.
No caso de menores que presenten algún grao de diversidade funcional, se teñen praza adxudicada, será necesario poñerse en contacto co Servizo de Inspección Médica, enviando un correo electrónico á dirección inspeccionmedica@depo.es, e será o persoal sanitario da institución provincial quen solicite os informes médicos ou a documentación necesaria para a valoración destas necesidades no campamento.
En que consiste o campamento?
Os campamentos "Depo Aventura A Lanzada" organízanse entre os meses de xuño e setembro, en quendas de 7 días, nas instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada (propiedade da Deputación de Pontevedra), situado na estrada de San Vicente do Mar, A Lanzada, s/n, O Grove.


Que servizos están incluídos?
As nenas e nenos participantes disporán dos seguintes servizos en cada quenda:
·         Un programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia que posibilite a participación de todas as nenas e nenos. Algunha destas actividades impartirase en lingua inglesa
·         O aloxamento en tendas de campaña no campamento
·         A manutención en réxime de pensión completa
·         O material necesario para as actividades
·         Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, actividades náuticas e lingua inglesa. Así mesmo, para o caso de menores con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase do persoal de apoio necesario adaptado ás súas características
·         Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes
En que datas se realizarán as quendas?
Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 8 de setembro de 2018. Realizaranse 11 quendas, de 7 días de duración cada unha, nas seguintes datas:
·         Primeira quenda: do 24 ao 30 de xuño
·         Segunda quenda: do 1 ao 7 de xullo
·         Terceira quenda: do 8 ao 14 de xullo
·         Cuarta quenda: do 15 ao 21 de xullo
·         Quinta quenda: do 22 ao 28 de xullo
·         Sexta quenda: do 29 de xullo ao 4 de agosto
·         Sétima quenda: do 5 ao 11 de agosto
·         Oitava quenda: do 12 ao 18 de agosto
·         Novena quenda: do 19 ao 25 de agosto
·         Décima quenda: do 26 de agosto ao 1 de setembro
·         Undécima quenda: do 2 ao 8 de setembro
A realización da última quenda queda condicionada á data de comezo do primeiro día lectivo do próximo curso escolar 2017/2018.
 Inscricións ata o 27 de marzo:

https://procedementos.depo.es/formularios/?depoaventuralanzada