Un ano máis e xa é a 4ª edición do noso cross. O Lorenzo acompañounos a pleno rendemento, e algúns dubidaban do windguru!!
Como é habitual comenzouse en hora as 10.30 en punto e as 12.30 aproximadamente estabamos terminando de dalos trofeos.
Acompañaronnos para entrega-los trofeos o Edil de Deportes D. Francisco J. Soliño Soliño e 3 alumnos do Juan XXIII (Sofía, Miguel e Pepe), que viñan representando tamén aos seus compañeiros. Eles foron os creadores, axudados polos seus monitores, da primeira hornada do noso propio trofeo. Un traballo estupendo do que nos sentimos moi orgullosos. Deixámosvos o listado dos afortunados campións que os levaron para a súa casa...