domingo, 10 de decembro de 2023

RESUMO DO PROXECTO "SENSIBILIZANDO POLO BO TRATO E A IGUALDADE"

Ningún comentario:


"SENSIBILIZANDO POLO BO TRATO E A IGUALDADE" foi un proxecto que se realizou no CEIP A Rúa da man da ANPA e cola financiación das  axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e deprevención da violencia de xénero, financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia.


Descargar resumo aquí

luns, 12 de xuño de 2023

17 XUÑO - FESTA DE FIN DE CURSO!!

Ningún comentario:

 

Festa de Fin de curso

Boas familias, 


aquí tedes os horarios de tódalas actividades da festa do sábado 17 xuño🎉


⏱A partires das 11h en diante:


-Escorregadoiro💧💦


-Mercadiño do alumnado de 5º para a súa excursión (postos doce, salgado, sorteos...e moito máis)


-Obradoiro de arte 🎨 (patio)


-Música: "Pinchada na rúa". Berto Roros 🎼🕺 (patio)


⏱11h exhibición acrobática🤸‍♂ (pavillón)


⏱11.30h exhibición ioga🧘‍♀ (pavillón)


⏱12h exhibición taekwondo🥋 (pavillón)


⏱12h exhibición guitarra🎸 (patio)


⏱12.30h teatro🎭: "La Ceni y Caperu" de Roald Dahl (biblioteca)


⏱13.00h exhibición xadrez♟ (biblioteca)


⏱13.00h festa da escuma😶‍🌫


⏱14.00h xantar e xogo libre🥗


⏱16.00h PEZA AUDIOVISUAL  🎥 "Así traballan as nosas familias" 2º de primaria (biblioteca)


**Lembrade traer a mantiña de picnic para quedar a comer tod@s xunt@s!!! 🌲 

De sobremesa proxéctase o "Pequeno Cinema en Curso" de 2° de primaria.


**Lembrade tamén traer gafas de piscina e chanclas para a festa da escuma🤿🩴 

venres, 12 de maio de 2023

ROTEIRO ETNOGRÁFICO DO SAÍÑAS - SÁBADO 13 DE MAIO

Ningún comentario:

Este  sábado 13 de maio  celébrase o  Roteiro etnográfico do Saíñas unha andaina para descubrir xuntos os recantos do río e facer escola 😃!

🚸 PERCORRIDO 🚸
🕥 10:30 Saída do parque do Saíñas (parque skate)
•Muíño do Regado
•Muíño de Cornilló
•Fonte e Pontillón de Cornilló
•Antigo lavadoiro e muíño de Gondarán
•Muíño da Graña
•Petróglifo de Gondarán
🕛 12:00 Remate no Ceip A Rúa

🎊 CELEBRANDO 🎊

A festa segue no cole onde o alumnado de 6º montará postos cos que recadar cartiños para a súa excursión:

🧁 Para comer e beber
•aperitivos doces e salgados
•limonada

🧸 O mercadiño
•Xoguetes de segunda man
•Bolsas e neceseres pintadas a man
•Libros

Animádevos e camiñade con nós!!




domingo, 23 de abril de 2023

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA: 04 MAIO

Ningún comentario:


O vindeiro xoves 4 de maio, celebrarase unha Asemblea Xeral Extraordinaria, ás 18:00 en primeira convocatoria, e ás 18:30 en Segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

      1. Lectura da acta anterior
      2. Gastos extraordinarios fin de curso
      3. Cuotas soci@s ANPA
      4. Rogos e preguntas

Realizarase de xeito presencial no cole.


28 ABRIL NA BIBLIO: PRESENTACIÓN DO LIBRO "PELLISCOS VIAJA CON SUS EMOCIONES"

Ningún comentario:


A comisión de familias da biblioteca quere convidarvos á presentación do libro "PELLISCOS VIAJA CON SUS EMOCIONES" escrito por Patricia Merchán e ilustrado por María Vilariño.

Vémonos o venres 28 de abril, ás 17:30  na biblioteca do CEIP A RÚA. 

1ª FEIRA DO LIBRO "CEIP A RÚA" -- ADIADO!!

Ningún comentario:


1ª FEIRA DO LIBRO "CEIP A RÚA" -- ADIADO!!


A 1ª Feira do Libro do "Ceip A Rúa" prevista para o domingo 23 de abril queda adiada até a semana de das letras galegas por mor da predicción de chuvias para este fin de semana.