mércores, 30 de setembro de 2015
Obras e Servizos retira escombros del entorno de A Rúa, aunque carece de medios (Faro de Vigo 30/09/15)
Etiquetas:
Prensa,
Reformas
Ningún comentario:

Publicados os listados completos de alumnos das escolas deportivas municipais

- ATLETISMO: LISTADO COMPLETO (PDF)
- BALONCESTO:LISTADO COMPLETO (PDF)
- CICLISMO: LISTADO COMPLETO (PDF)
- PATINAXE: LISTADO PARA A RÚA (PDF)
- PIRAGÜISMO: LISTADO COMPLETO (PDF)
- PSICOMOTRICIDADE: LISTADO COMPLETO (PDF)
- TAEKWONDO: LISTADO PARA A RÚA PDF)
- VELA: LISTADO COMPLETO (PDF)
- XADREZ : LISTADO COMPLETO (PDF)
- XIMNASIA: LISTADO PARA A RÚA(PDF)
venres, 25 de setembro de 2015
ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL na que se tratóu o tema dos COMEDORES dos Coles de Cangas (10/08/15)
Etiquetas:
Comedor,
Concello de Cangas
Ningún comentario:

"LUGAR: Sala de Xuntas do Concello de Cangas
DÍA: 10 de agosto de 2015
HORA DE COMEZO: 20:45 h.
HORA DE REMATE: 21:10 h."
Na proposta 6ª tedes o punto de interese relacionado cos comedores escolares:
"SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE-ENSINO E DEPORTE
6º.- PROPOSTA DAS CONCELLERÍAS DE SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE-ENSINO E DEPORTE S/APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DE SERVIZO DE CATERING DE COMEDORES ESCOLARES PARA OS CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE CANGAS"
Convocatoria Xeral Ordinaria
Etiquetas:
Actividades Extraescolares,
Anpa A Rua,
Asamblea,
Comedor
Ningún comentario:

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación a celebrar o vindeiro martes dia 29 de setembro do 2015 na biblioteca do centro ás 18:45 horas, e en segunda convocatoria ás 19:00 horas.
ORDE DO DIA:
- Lectura e aprobación, se procede da acta anterior.
- Lectura e aprobación de contas
- Anpa, presentación. Para que sirve a Anpa.
- Comedor Escolar
- Aplicación Tokapp, medios de comunicación.
- Actividades extraescolares.
- Proxecto Muro, 25 aniversario.
- Visita do Concellal de Educación ao centro.
- Preguntas e suxestión.
xoves, 24 de setembro de 2015
Aviso: remata o prazo de inscrición nas actividades do ANPA
martes, 22 de setembro de 2015
"Ensino y Policía Local inician en A Rúa una serie de visitas a los colegios de Cangas" (Faro de Vigo 22/09/15)
Etiquetas:
Anpa A Rua,
CEIP a Rua,
Prensa
Ningún comentario:

...Escombros no Parking, sinalizacións, desbrozar, e outras accións pedidas e pendentes...
venres, 18 de setembro de 2015
III Festival das Núbebes en Pontevedra (do 18 ata o 27 deste mes)
Etiquetas:
Recomendacións
Ningún comentario:

Os días 18, 19, 20 e 25, 26 e 27 de setembro, o festival encherá de actividades diferentes lugares da cidade de Pontevedra. O obxectivo é fermoso e sinxelo: ser o punto de encontro no que os nenos e nenas, pais e nais, avos/as... poidan aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.
Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de cousas bonitas pensadas especialmente para bebés de 0 a 6 anos; teatro, danza, música, obradoiros, contacontos...
martes, 15 de setembro de 2015
Calendario aproximado das actividades ofertadas (2015-16)
Etiquetas:
Actividades Extraescolares,
Aula Matinal
Ningún comentario:
Por favor, tede en conta que estes horarios son orientativos, poderá haber algunha modificación en función do número de nen@s anotados ou necesidades organizativas da ANPA.
Actividades extraescolares 2015/16 calendario e propostas...

- AULA MATINAL. Actividade que permite conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo un servizo de recollida dos nen@s dende as 08:00h, e ata o inicio das clases.
- TALLER LÚDICO EN INGLÉS: Clases faladas coas que se pretende que @s nen@s aprendan o idioma naturalmente. Haberá dous grupos no mesmo horario, un para infantil e outro para primaria.
- TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL: Esta actividade permítelle aos nen@s manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa, axudándolle a dominar a expresión corporal e oral, a linguaxe en público, etc.
- LINGUAXE DE SIGNOS: Taller moi dinámico onde a través da interpretación e xogos fan un recorrido por todas as letras neste linguaxe.
- OBRADOIRO MUSICAL (Pandereta/Gaita). A cargo de Tromentelo,
- OBRADOIRO DE ESCRITURA. Iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, experimentación literaria e o pracer de escribir.
- TALLER LÚDICO ALEMÁN. Xogos e cancións en lingua alemán, onde se iniciaran neste idioma dun xeito lúdico.
- DIVERCIENCIA. Taller moi dinámico onde os nen@s se transformarán en científicos a través do xogo.
- BAILES LATINOS. A cargo da escola Chachachá. Tamén se oferta CLASES PARA ADULTOS, (pais e nais dos alumnos do cole), cun desconto especial para os socios da Anpa (para máis información ESCOLA CHACHACHÁ)
- BALONMÁN: De 6 a 12 anos. GRATUITA. Actividade deportiva Subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
- ZUMBA ADULTOS. Actividade deportiva con moito ritmo a través do baile e música.
domingo, 13 de setembro de 2015
PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR da Fundación Cangas Deporte - Curso 2015/16

O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 25 de setembro de 2015 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.
PAGO ACTIVIDADE
Realizarase o pago íntegro no momento de realiza-la inscripción do neno/a
IMPORTANTE
Algunhas das actividades ofertadas teñen as PRAZAS LIMITADAS
VACACIÓNS
Informarlles tamén que os períodos vacacionais deste programa se axustan os propios dos centros escolares: Vacacións de Nadal, Carnaval e Semana Santa, así como tamén as festividades locais, autonómicas, nacionais e propias do centro escolar.
Para máis información: 986 392 166 / fundacion@cangasdeporte.com
Fai CLIC AQUI para obter as FOLLAS DE INSCRIPCIÓN
Aquí tedes a ligazón das actividades que se impartirán no noso centro.
sábado, 12 de setembro de 2015
Información da COTA ANUAL da nosa ANPA
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Cota
Ningún comentario:

Abanca conta nº: 2080 5079 83 3040001135
Concepto: "COTA ANPA", Nome d@ nen@ ou nen@s:................ Curso/os:................Importe: 15€
Lembrámosvos que, beneficiaranse coa subvención da ANPA para a excursión de fin de curso de 6º de primaria, os alumnos que foran soci@s como mínimo durante os dous anos do 3º ciclo, é dicir, 5º e 6º.
Tamén debedes saber que tódolos pais que teñan fillos noutro centro da Federación de Anpas Galegas, farán unicamente un pago por algún deles, pero se non é en CEIP A Rúa, debedes enviar xustificante para o noso coñecemento, e contar como socios ós alumnos da mesma familia.
Debido a decisión da ANPA do Ies Rodeira, Ies Montecarrasco e Ceip Espiñeira de non seguir federados na Federación de Anpas de Cangas, na que si estamos federados,a partir de este curso, xa non é valido o pago da cota da ANPA do instituto ou outro centro, para ser socio/a desta asociación.
Tamén recordar que para poñervos en contacto con nós, podedes facelo a través do buzón que se atopa na recepción do cole, vía correo electrónico anpa.arua@gmail.com e tamén por suposto directamente cando nos atopemos no colexio.
Gustaríanos que superades a importancia que ten ser soci@ da ANPA, non só para axudar a sufragar entre outras cousas, a Festa de Fin de Curso, o Cross Escolar, a Festa de Nadal, etc.. cun aporte económico importante ou as distintas colaboracións coa directiva do colexio ó longo do curso. Ademais pódense levar a cabo diferentes proxectos, coma foi no seu momento a compra de ordenadores para o centro ou o pintado e arranxo do chan da aula de 3 anos, etc, beneficios dos que non disfrutaríamos todos se non tivera colaborado a ANPA.
Esperando que o consideredes tan prioritario coma o é para nós, saúdavos atentamente,
A Xunta Directiva
Información da aplicación "TOKAPP SCHOOL"
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Recomendacións
Ningún comentario:

Para @s que non teñan un móbil que permita a instalación desta aplicación, nin E-mail, podedes facilitarnos o voso número de telefono móbil. Deste xeito, e se sodes soci@s da ANPA, se vos enviará a información vía SMS (este proceder supón un custo adicional para a ANPA), aínda que por esta vía a información chegaría mais reducida.
Tede en conta que, de todas todas, poderedes informarvos na porta do cole, onde sempre deixaremos as notificacións máis importantes.
Gustaríanos poder chegar ao 100% das familias dunha forma ou outra. Podedes achegarnos calquera desta información requerida a través do buzon da ANPA.
mércores, 9 de setembro de 2015
Semana de cine no Auditorio de Cangas con pelis para @s cativ@s
Etiquetas:
Recomendacións
Ningún comentario:

Destacamos estas propostas para @s cativ@s:
- SÁBADO 12 de setembro: "A tropa de trapo no país onde brilla o sol" (Alex Colls. Galicia, 2014; Animación para menores de sete anos; Versión en galego)
- DOMINGO 13 de setembro: "A canción do mar " (Song of the Sea). (Tom Moore. Irlanda, 2014; Animación. De 6 anos en diante. Versión dobrada en español)
- VENRES 18 de setembro: "Maimiño" (Ernesto Padrón. Coprodución galego-cubana 2015. Animación para nenos de todas as idades. Versión orixinal en galego)
- SÁBADO 19 de setembro: "A illa de Giovanni" (Mizuho Nishikubo. Xapón, 2014; Versión en español; Animación)
martes, 8 de setembro de 2015
Mensaxe das "Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo" de adherencia á "Rede de Cidades Refuxio"
Etiquetas:
Movilizacións,
Solidaridade
Ningún comentario:

- Se adhiran á Rede de Cidades Refuxio, como xa fixeron máis de 55 cidades españolas (Barcelona, Madrid, Valencia ou A Coruña, entre outras) mobilizando tódolos recursos (institucionais e sociais) dispoñibles, ademáis de inmobles municipáis que reúnan as condicións para esta acollida.
- Facilite o rexistro de persoas que están dispostas á acollida (Rexistro xa anunciado polo Concello de Cangas que debe ser extensible ao resto de Concellos da comarca)
- Co fin de dinamizar e implicar á codadanía, se convoque con carácter URXENTE unha reunión con tódolas plataformas sociais, ONG’s, asociacións (veciñais, ANPAS, etc.) e calquera outra entidade cívica para colaborar e paliar esta situación extrema que se está a vivir en Europa."
(*)En adxunto, carta aos Alcaldes de Bueu e Cangas e á Alcaldesa de Moaña. "Somos un pobo solidario e esta traxedia humanitaria nos incumbe a todos e a todas"
Gratos pola atención prestada,
Atentamente, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo
655 082 249 (Carmen Nores - Cangas)
654 983 756 (Fernando Otero - Bueu)
687 870 864 (Paco Ferreira - Moaña)
Visita a web da Plataforma
luns, 7 de setembro de 2015
Aula Matinal traballando dende o día 10
Etiquetas:
Aula Matinal,
Calendario Escolar,
Documentos
Ningún comentario:
Informámosvos, que o vindeiro xoves día 10, dará comezo o servizo de Aula Matinal, de luns a venres e de 08.00 a 09.30. Adxuntamos novamente a circular coa información. As familias interesadas neste servizo, por favor que se poñan en contacto con nós para poder informar dos nenos e nenas usuari@s.
Contactanos: 666428157 //657082962
Calendario escolar oficial 2015-2016
Etiquetas:
Calendario Escolar,
CEIP a Rua,
Inicio Curso
Ningún comentario:
Esta semana comeza o curso. Para @s despistad@s e para informar@s, aquí tedes a ligazón oficial á "Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia"
mércores, 2 de setembro de 2015
Como solicitar as axudas da Xunta de Galicia para comprar material escolar (curso 2015-16)
Etiquetas:
Inicio Curso,
Solicitude Axudas
Ningún comentario:

Aquí tedes a ligazón no DOGA: "ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16".
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, fletará autobuses para a Manifestación de mañá (03/09/15)
Etiquetas:
Movilizacións,
Sanidade
Ningún comentario:
ÚLTIMAS PRAZAS: Reserve súa nos teléfonos: 655082249 e 607681279 en Cangas, 669330376 no Hío e 661538656 e 687870864 en Moaña.
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña puxéronse ao servizo dos interesados en participar na marcha un autobús para facilitar o desprazamento a Vigo ( Praza España). A recollida será en torno ao Rectorado ao finalizar.
O autobús sairá ás 18:45 da Estación de Autobuses de Cangas e ás 19:00 parará na Praza de Abastos de Moaña. O horario de regreso establecerase no propio autobusús e o prezo por ida e volta será de 3 €.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)