O Concello de Cangas a través do convenio que vai
a asinar coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, seguirá a xestionar o comedor escolar dese centro ,
durante o curso 2017/2018, coma viña facendo nos últimos cursos. Por
este motivo e en aras de facilitar e fomentar o uso do mesmo, enviamolle
un modelo de preinscripción para o vindeiro curso coa intención de que o
distribuan entre as familias que xa teñen nenos/as no comedor e entre
novos/as usuarios/as do mesmo. Consideramos asi mesmo, dentro do
posible, que recolleran vostedes as solicitudes nos centros ata o 30 de
xuño (logo iríamos nos a recollelas por cada centro) e posteriormente xa
as recolleriamos no Concello.
Achégase modelo e folla informativa.
Saúdos
Xoan C. Chillón Iglesias
Concelleiro de Ensino e Deportes