martes, 6 de novembro de 2018

II Romaría MAGOSTO NA RÚA

Ningún comentario:
 O noso cole está a organizar a II Romaría Magosto de CEIP A Rúa, será o próximo día 12 de Novembro. O cole solicita a nosa participación.
a Idea é facer unha romaría tradicional, coa castaña, os productos de outono e a música galega coma protagonistas. Hai previstas varias actividades coa intención de que os nenos e nenas vaian pasando por todas. Podedes colaborar de diversas formas:

  • Axudando a asar castañas
  • organizando xogos populares
  • aportando o voso talento como músicos de música tradicional galega
  • elaborando doces típicos do outono para compartir entre todos
  • Participando nalgún dos obradoiros seguintes
                          1- Obradoiro de baile galego
                          2- Obradoiros de oficios e artesanías tradicionais
                          3- Obradoiro de manualidades con castañas e landras
                          4- Obradoiros que vós propoñades e que teña coa temática do Magosto
En función das vosas propostas, elaborarase o programa das actividades e poranse en contacto con vós para organizalo.