luns, 23 de decembro de 2019

BOAS FESTAS

Ningún comentario:
Foto de ANPA A Rúa.


Dende o ANPA desexámosvos unhas Felices Festas e un aninovo 2020 cheo de grandes sorpresas e felicidade!!!

saúdos 
ANPA A RÚA


venres, 20 de decembro de 2019

Avisos

Ningún comentario:
Ola familias!!!

Este venres 20 de decembro, non haberá servizo de biblioteca pola tarde, polo que o alumnado que asista ó comedor deberá ser recollido as 16:30 h. Aproveitamos para avisar ás familias usuarias do comedor, que nos días de choiva, poderán recoller aos nenos/nenas entrando pola porta do comedor e indo polo interior do colexio ata o ximnasio.

Desde dirección nos recordan que non se enviará boletín de cualificacións en papel. A partir de agora se enviarán todas as comunicacións pola APP ABALAR móvil, tanto dende o centro coma dende as titorías. Ó centro lle consta que inda hai familias sen inscribir.

Voltaremos das vacacións do Nadal o 8 de xaneiro.

BO NADAL🎄🎉🎄!!

xoves, 12 de decembro de 2019

Programa Nadal 2019 cangas

Ningún comentario:
Foto de Xuventude Cangas.

Foto de Xuventude Cangas.

NAdal en Galego

Ningún comentario:
Foto de Apalpadora.

Aberto plazo para ENREDOS DE NADAL

Ningún comentario:
Foto de Xuventude Cangas.

Adornos Nadal e Carroza

Ningún comentario:
 Boas Familias!!


Precisamos da vosa axuda para preparar os adornos de Nadal.
O concello nos pon coma data límite o 17 de Decembro para ter todo colgado e colgar na rúa Sol coma os anos anteriores.
Estaremos hoxe e mañá no comedor do cole a partires das 17:30 H.
 Dende o cole nos seguen solicitando axuda para xuntar unhas 30 caixiñas de quesiños máis.

Tamén mañá se estará no pavillón a partires das 18;30H e o fin de semana pola mañá traballando na carroza
animádevos  a participar!!

venres, 6 de decembro de 2019

XII Concursos postais de NAdal

Ningún comentario:
Foto de Bibliotecas Municipais de Cangas.

Ábrese o prazo para participar no XIII Concurso de Postais de Nadal organizado polas Bibliotecas de Cangas.
 O concurso está destinado a rapazas e rapaces de entre 3 e 15 anos e o prazo de entrega de postais estará aberto ata o día 20 de decembro. 

Máis información:

https://es.scribd.com/document/437527300/Bases-XIII-Concurso-Postais-de-Nadal?fbclid=IwAR25oltV1ATAvbyD2W-wtjtJrC_-Lw-0pKDuhHN2BJohR0ZHE1mwI3dwoYU

Menú Decembro

Ningún comentario:
Foto de ANPA A Rúa.

mércores, 4 de decembro de 2019

Carroza

Ningún comentario:
Hoy miercoles continuaremoes con la preparacion de la carroza.
Os esperamos
Al estar ocupado el pabellon quedaremos en la pista

domingo, 24 de novembro de 2019

Carroza

Ningún comentario:



Estase a traballar para a realizacion da carroza para a cabalgata de Reis,
a base da carroza será unha maqueta da fábrica de Massó reconvertida nunha fábrica de xoguetes. Necesitamos para montar a carroza o seguinte material:

- Porex, corcho ou similar
- Cubos pintura 15L
- Moqueta
- Garrafas auga 5L
- Palets de madera
- Caixas de plastico(tipo foita) 40*30 aprox.
Tamén estase a traballar no deseño dos traxes de duendes..

Tamén precisamos todo tipo de xoguetes vellos ou rotos..
vale calqueira tipo de xoguetes grandes (tobogán,...) Medianos ou pequenos, tamén sirven anacos de xoguetes, para facer coma se os duendes estivesen a traballar.

Podedes ir deixando  o material no cuarto do anpa.
En canto teñamos o material quedarase para comezar a montar a carroza

luns, 4 de novembro de 2019

Menú Novembro 2019

Ningún comentario:

Foto de ANPA A Rúa.

listado provisional das candidaturas ANPA

Ningún comentario:
Ola familias, partillamos o listado provisional das candidaturas presentadas para a renovación da Xunta Directiva da ANPA.



Presidente/a:

SEN CANDIDATURAS

Vicepresidente/a:

SEN CANDIDATURAS

Tesoureira: 

                                                          Sara Soage Carballo

Secretaria:

                                                        Milagros Chapela Gallego

Vogal:

José Manuel Soage, Miranda Paula Fajardo Bernárdez, Iria Grandal García, Julio Barreiro González ,Tania Soliño Caamaño, Javier García Barreiro, Estefanía González Iglesias ,María Rial Miranda ,Martín Pereira Iglesias, Lucas Carracelas Fernández ,Isabel Rodríguez González ,Francisco Miranda Juncal ,Francisco José Ferrer Vidal, Mónica Dios Viaplana


 A publicación das listas definitivas será o 07-11-2019 e nun prazo de 10 días convocarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para levar a cabo as votacións.


Saúdos
ANPA A Rúa

domingo, 27 de outubro de 2019

PISCINA

Ningún comentario:
PISCINA:
        Ola familias, avisannos dende a piscina de que algúns grupos teñen que ir a sorteo por ter máis solicitudes que prazas ofertadas.
        Só están pendente de praza os grupos que poñemos a continuación que terán que ir o luns 28 as 18.30h a piscina ao sorteo das prazas, o resto de horarios e grupos teñen que formalizar a matrícula a partires do luns 28 ata o 31 de outubro.
Listado de cursos(por día, idades e horario) que se someten ao sorteo das prazas:
Luns:
• Grupo 4-5 anos - Horario 18.30h
Martes:
• Grupo 6-9 anos - Horario 17.00h
• Grupo 0-3 anos (escolas infantís) - Horario 17.45h
Mércores:
• Grupo 3 anos - Horario 17.45h
Venres:
• Grupo 6-9 anos - Horario 17.00h
• Grupo > 10 anos - Horario 17.45h

Saúdos

ANPA A Rúa 

Xunta Directiva ANPA

Ningún comentario:



Ola familias, lembramos que hoxe remata o prazo para presentar as vosas candidaturas para formar parte da Xunta Directiva da ANPA. 



- O prazo para presentar candidaturas é dende o día 18-10-2019 ata o 27-10-2019 ámbolos dous incluídos.



Todas aquelas persoas que queiran formar parte da Xunta Directiva deben presentar as súas candidaturas enviando un mail a dirección anpaarua@gmail.com incluíndo o nome completo da persoa que se presenta, teléfono e o posto polo que presenta a súa candidatura. (Presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a ou vogal)



- As listas provisionais das candidaturas presentadas publicaranse no colexio e a través do TokApp. Dende o 28-10-2019 ata o 06-11-2017 ámbolos dous incluídos.



- A publicación das listas definitivas será o 07-11-2019 e nun prazo de 10 días convocarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para levar a cabo as votacións.


Animámosvos a formar parte deste gran proxecto que loita polo benestar de tódolos nosos fillos e fillas. 

Saúdos
ANPA A Rúa

xoves, 24 de outubro de 2019

Festa de Outono

Ningún comentario:
Foto de Banda de Gaitas Tromentelo.

Ruta polos montes de Coiro, comida popular (cada un levará a súa comida) e foliada.

sábado, 19 de outubro de 2019

Convocatoria Eleccions Xunta Directiva

Ningún comentario:

CONVOCATORIA ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA



Ola familias, como sabedes cada dous anos convócanse eleccións a Xunta Directiva da ANPA tal e como establecen os nosos Estatutos.



- O prazo para presentar candidaturas é dende o día 18-10-2019 ata o 27-10-2019 ámbolos dous incluídos.



Todas aquelas persoas que queiran formar parte da Xunta Directiva deben presentar as súas candidaturas enviando un mail a dirección anpaarua@gmail.com incluíndo o nome completo da persoa que se presenta, teléfono e o posto polo que presenta a súa candidatura. (Presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a ou vogal)



- As listas provisionais das candidaturas presentadas publicaranse no colexio e a través do TokApp. Dende o 28-10-2019 ata o 06-11-2017 ámbolos dous incluídos.



- A publicación das listas definitivas será o 07-11-2019 e nun prazo de 10 días convocarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para levar a cabo as votacións.




Animámosvos a formar parte deste gran proxecto que loita polo benestar de tódolos nosos fillos e fillas.

Saúdos


ANPA A Rúa

luns, 7 de outubro de 2019

ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS, PARA NENAS E NENOS DE PRIMARIA.

Ningún comentario:
Foto de Teatro de ningures.

A DEFENSA DA VILA. MARÍA SOLIÑA

Ningún comentario:
A DEFENSA DA VILA. MARÍA SOLIÑA volve ás rúas de Cangas o vindeiro Sábado 12 de outubro de 2019 ás 20.00h. Agradecemos a colaboración prestada á veciñanza propietaria dos locais, balcóns e patíns onde se sitúa a representación, e por suposto a todas as persoas que fan posible esta montaxe teatral.
Foto de Teatro de ningures.





Foto de Teatro de ningures.

ESCOLA DE FAMILIAS

Ningún comentario:



Festa histórica: A defensa da vila

Ningún comentario:

 Dende este venres día 11 ata o domingo 13, celebrarase na nosa vila a festa Histórica: A Defensa da vila, con obradoiros representacións, xogos,actuacións...
 Aqui vos deixamos o programa


Foto de A Illa dos Ratos.
Foto de A Illa dos Ratos.

sábado, 5 de outubro de 2019

Contacontos Outubro nas Bibliotecas de Cangas

Ningún comentario:

Foto de Bibliotecas Municipais de Cangas.


Foto de Bibliotecas Municipais de Cangas.
Foto de Bibliotecas Municipais de Cangas.

PISCINA

Ningún comentario:
Foto de Piscina Municipal A Balea.
Foto de Piscina Municipal A Balea.
Foto de Piscina Municipal A Balea.
Foto de Piscina Municipal A Balea.
Foto de Piscina Municipal A Balea.
Foto de Piscina Municipal A Balea.

Menú Mes Outubro

Ningún comentario:

   Aqui vos deixamos o menú correspondente ó mes de Outubro.
Saúdos

Foto de ANPA A Rúa.

Biblioteca A RÚA

Ningún comentario:

Ola familias!! Informamosvos que a biblioteca do cole comezou o seu servicio o mércores 2 de outubro, en horario de 16:30 a 18:15h. Como a biiblioteca ainda está en proceso de montaxe tralas obras, se está a utilizar a aula de 2º, no primeiro andar.

Saúdos ANPA A RÚA




sábado, 22 de xuño de 2019

AVISOS: COMEDOR E VALES LIBROS E MATERIAL

Ningún comentario:


Aqui vos deixamos a información sobre os comedores escolares xestionados polos concellos de Cangas para o curso 2019/2020:

                As familias que precisen o servizo do comedor o curso que vén, deberán recoller a solicitude de preinscripción en conserxería e entregala antes do 30 de Xuño ou no Centro Municipal de Benestar Social a partires do 1 de xullo.



https://www.dropbox.com/s/wdhw3y0kcfi9bcv/Preinscrici%C3%B3n%20comedores%20escolares%202019-2020.20190620115316.pdf?dl=0&raw=0

https://www.dropbox.com/s/m5oge7o2x7yqhmw/Nota%20informativa%20comedores%20escolares.20190620115235.pdf?dl=0&raw=0


Lembramos tamén os prazos para a recollida dos vales dos programas de libros de texto e axudas para material:
Do 1 ao 5 de Xullo de 11:00H a 13;00H ou do 2 ao 6 de setembro de 11:00 a 13:00H 

sábado, 8 de xuño de 2019

venres, 7 de xuño de 2019

ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÄN 2019

Ningún comentario:

Mostra Artistica 2019: Obradoiros de Arte 2019 - CEIP A RUA

Ningún comentario:

FESTA FIN DE CURSO

Ningún comentario:







A ANPA A Rúa e o CEIP A Rúa agardámosvos este sábado 8 no FESTIVAL DE FIN DE CURSO cun horario de 10:00h a 16:00h.
 A continuación detallamos o programa co desenrolo da festa: 

10:00 – 11:00 ACTIVIDADES NO PAVILLÓN:

 • Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos luns. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de Taekwondo do colexio. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida polo Clube de Taekwondo Sares TKD. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos martes. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas de Bailes latinos do noso colexio. Actividade extraescolar a cargo da Arela.

 • Exhibición dos nenos e nenas da actividade Ximnasia Acrobática. Actividade do Concello de Cangas dirixida polo Club Flic Flac

 • Os nenos e nenas da actividade de inglés lúdico de infantil interpretarán unhas cancións. Actividade extraescolar a cargo de Migueroa Ocio educativo.

 Ao remate das actividades do pavillón , a Actividade Extraescolar de Arte fará no patio un taller colaborativo para os asistentes. 

11:00 – 16:00 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA:

 • Estreo no colexio da curtametraxe do alumnado de 6º.

 • Exposición das fotografías deste curso. 

11:00 – 13.30 Inchable resbaladeira no patio  
10:00 – 12:00 Recollida de pratos doces, pratos salgados e pratos para intolerantes e alérxicos para o concurso culinario.
 12:00 – 12:20 O xurado elixirá os pratos gañadores. 
13:30 – 14:30 Festa da escuma. Non esquezas traer roupa de baño, calzado para mollado, gafas, unha muda e unha toalla.
 13:30 Degustación dos doces e pratos do concurso culinario e aperitivo de froita fresca a continuación entrega de premios do concurso culinario.
 14:30 – 16:00 As instalacións do colexio estarán abertas para quen queira traer a comida e quedar a comer. Os alumnos e alumnas de sexto están invitados a comer como tódolos anos pola ANPA. 
Recordamos a tódolos pais/nais ou titores que os rapaces e rapazas deberán vir acompañados e que a ANPA non se fai responsable de ningún neno ou nena. 

Os horarios marcados neste programa son estimados e a ANPA non se fai responsable das posibles modificacións que puideran existir.

 AGARDÁMOSVOS!!!!!!

https://www.dropbox.com/s/2hqjfp2whiiczn2/Festival%20Fin%20de%20curso%202018-2019%20definitivo-5.20190607172323.pdf?dl=0&raw=0

mércores, 5 de xuño de 2019

Campamentos verán

Ningún comentario:

  Bo día familias, partillamos información dos diferentes campamentos de verán que recibimos na ANPA

Arela. Campamento de verán CEIP Castrillón.
https://www.dropbox.com/s/0ao4awv24jjzp73/Arela%20campamento%20Castrillon.20190603224558.jpeg?dl=0&raw=0

"ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN O Club de Atletismo Vila de Cangas, pon en marcha a ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN, onde se poderán practicar, coa supervisión de monitores titulados, todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida para nen@s maiores de 5 anos."
http://www.viladecangas.com/actividades/escola-de-atletismo-de-veran

  Obradoiros verán Escola Infantil Caracol

https://www.dropbox.com/s/ycspkax16fb6d8v/OBRADOIROS%20VER%C3%81N%202019%20OK%20-%20copia.20190603224944.pdf?dl=0&raw=0

Summer Camp Colexio Eduardo Pondal

https://www.dropbox.com/s/gw2vlsi4cqjy82n/Summer%20Camp%20Eduardo%20Pondal%201.20190603225525.jpg?dl=0&raw=0

Escola de Remo do Club de Remo Vila de Cangas

https://www.dropbox.com/s/f6dk0elmo6bxa3g/Escola%20de%20remo.20190604215232.jpeg?dl=0&raw=0

  ALADOS Medioambiente

https://www.alados.es/campamentoverano?utm_campaign=07e2d21f-f7fb-44ba-a0b8-2971390f78fa&utm_source=so

menú Xuño

Ningún comentario:

martes, 4 de xuño de 2019

IV Cross popular CABO UDRA

Ningún comentario:
Aqui vos deixamos a informacion relativa ó IV Cross popular Cabo Udra que terá lugar o próximo domingo 16 de Xuño.
As inscriccións poden ser directamente no enlace antes do 12 de Xuño, ou a través do ANPA antes do 7 de Xuño, indicando nome completo, data de nacemento, curso e DNI do participante ou pai/nai.

Un saúdo.




https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1751/iv-cross-popular--cabo-udra

VI Remo Indoor Escolar

Ningún comentario:






O próximo 22 de Xuño terá lugar o VI Remo Indoor escolar organizado polo clube de Remo vila de Cangas.