martes, 28 de febreiro de 2017
mércores, 22 de febreiro de 2017
Festa do Entroido na RÚA
Este venres 24, de 5 a 7 da tarde, chocolatada no cole. Traede algo para tomar co chocolate.
As Actividades extraescolares quedan suspendidas ese día.
Animádevos a participar.
As Actividades extraescolares quedan suspendidas ese día.
Animádevos a participar.
martes, 21 de febreiro de 2017
Convocatoria concurso deseño escolar
Apreciado Señor, apreciada Señora:
A Federación Galega De Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Coxga) convoca o VIII Certame de Deseño Escolar “Deseña unha Xoia para a túa Nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.
Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Pode consultar as bases completas do concurso premendo aquí.
Tamén pode consultar os deseños finalistas e gañadores da pasada edición, un álbum do acto de entrega de premios de 2016 e un vídeo de todo o proceso do concurso:
Para ver os deseños finalistas da edición pasada, prema aquí.
- Para ver os deseños gañadores da edición pasada, prema aquí.
- Para ver o álbum do acto de entrega de premios 2016, prema aquí.
- Para ver un vídeo de todo o proceso do concurso (convocatoria, reunión xurado, fabricación xoias e acto de entrega de premios), prema aquí.
Os dípticos de participación pódense:
- descargar das páxinas web www.coxga.es e www.fgxoieiros.es
- recoller en calquera dos establecementos colaboradores (premer aquí para ver o listado completo, que tamén se pode consultar nas nosas páxinas web www.coxga.es ou www.fgxoieiros.es)
- solicitar á oficina do COXGA (teléfono 981 598 858 ou correo-e info@coxga.es)
O prazo de presentación dos deseños remata o venres 31 de marzo e pódense entregar en:
- calquera dos establecementos colaboradores. Consultar listado aquí.
- oficina do Colexio, persoalmente, por correo postal ou mensaxería:
COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia)
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B
15701 Santiago de Compostela
Sen máis, desexamos que esta actividade resulte do seu interese para vostede e o seu grupo de traballo.
Quedamos a súa enteira disposición.
Reciba un cordial saúdo,
sábado, 18 de febreiro de 2017
xoves, 16 de febreiro de 2017
luns, 13 de febreiro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)