Este é o título da escenificación que a Federación de Anpas de centros públicos de Cangas, vai facer no enterro do Momo. Todos os intersad@s en asistir deberán vestir de luto, e levar un cirio de cementerio cor vermello e no seu defecto calqueira outro. O pase farase en absoluto silencio. Ademais levaremos un ataúd onde lle preguntaremos ao Sr Vazquez ou Feijoo se ese é o destino do ensino público, e portaremos carteis reivindicativos cos recortes sofridos polo ensino publico.
Quedamos as 20.00h detrás da gasolinera de Cangas, o mércores.
Un saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario