A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa, está a organizar o XIII CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR, que se celebrará o domingo, 19 de Maio de 2013, como colofón á Semana Cultural que se vai desenvolver no Centro, e con tal motivo, comprácese en convidar aos alumnos/as dese Centro a participar nas diferentes probas, para as que se establecen as seguintes categorías:
- CATEGORÍAS:
3 anos mixto |
2009
|
150
mts.
|
4
anos mixto
|
2008
|
200
mts.
|
5
anos mixto
|
2007
|
250
mts.
|
Minibenxamín
Feminino
|
2005/06
|
400
mts.
|
Minibenxamín
Masculino
|
2005/06
|
400
mts.
|
Benxamín
Feminino
|
2003/04
|
700
mts
|
Benxamín
Masculino
|
2003/04
|
900
mts.
|
Alevín
Masculino
|
2001/02
|
1.500
mts.
|
Alevín
Feminino
|
2001/02
|
900
mts.
|
Infantil
Masculino
|
1999/00
|
2.000
mts.
|
Infantil
Feminino
|
1999/00
|
1.500
mts.
|
- En todas as categorías, agás en Ed. Infantil, estableceranse dúas probas: unha para a categoría masculina e outra para a feminina.
- Nas probas de 3, 4 e 5 anos só participarán as nenas e nenos do CRA de Vilaboa.
B)
INSCRICIÓNS:
Todos
os Centros participantes deberán enviar ao CEP
de RIOMAIOR, vía
FAX, correo ordinario ou e-mail, antes do día
12 de Maio, a
relación de atletas participantes, ordenados por categorías. Para
ter opción a puntuar por equipos, o número mínimo de atletas
participantes será o seguinte:
- Centros de Ed. Primaria: 15 participantes.
- Centros de ESO: 10 participantes.
C)
DOCUMENTACIÓN:
Nos
dorsais, que deberán vir preparados polos respectivos Delegados de
cada Centro, debe constar:
- Nome e Apelidos do atleta.
- Categoría na que participa.
- Colexio ao que pertence e dorsal que lle corresponde.
D)
HORARIO DAS PROBAS E ORDE DAS SAÍDAS:
As
probas darán comezo ás 10
h. da mañá do
domingo 19 de maio.
Os Delegados oficiais dos Centros poderán confirmar a composición
dos seus equipos na Secretaría ata 30
minutos antes do
comezo da competición.
- BENXAMÍN FEMININO (700 mts. aprox.)........................................10:00 h.
- BENXAMÍN MASCULINO (900 mts. aprox.)......................................10:20 h.
- ALEVÍN FEMININO (900 mts. aprox.)............................................10:45 h.
- MINIBENXAMÍN FEMININO (400 mts. aprox.)..................................11:10 h.
- MINIBENXAMÍN MASCULINO (400 mts. aprox.)................................11:20 h.
- 3, 4 e 5 anos (150, 200 e 250 mts. aprox.)....................................11:30 h
- ALEVÍN MASCULINO (1.500 mts. aprox.).......................................11:50 h.
- INFANTIL FEMININO (1.500 mts. aprox.).......................................12:10 h.
- INFANTIL MASCULINO (2.000 mts. aprox.).....................................12:30 h.
E)
CLASIFICACIÓNS:
Estableceranse
dúas clasificacións:
- Individual, facendo figurar a todos os atletas segundo a súa orde de chegada.
- Por equipos, sumando os puntos obtidos polos 4 atletas mellor clasificados, resultando vencedor o equipo que menos puntos acade.
F)
OUTRAS NORMAS XERAIS:
- Á Secretaría só se poderán dirixir os/as Delegados/as de cada Centro.
- Os Delegados dos Centros serán responsables da seguridade dos seus atletas, estean ou non afiliados ao Seguro Deportivo.
- Os Delegados terán ao seu dispor, na Secretaría, “vales” para trocar por refrescos e/ou bocadillos.
- Á cámara de chamadas só poderán acceder os atletas 5 minutos antes do comezo da proba ao seren chamados pola megafonía.
- Os/as atletas poderán cambiarse nos vestiarios do Pavillón de Riomaior. En todo caso, a Organización non se responsabiliza dos obxectos ou vestimentas depositados nos mesmos.
- Os/as Delegados/as deberán velar porque os seus atletas non invadan as zonas correspondentes ao circuíto das probas, manteñan en condicións hixiénicas os espazos que ocupen e amosen en todo momento actitudes acordes coa nosa condición de educadores.
- Se algún Centro presentase menos atletas dos establecidos como número mínimo, eses alumnos/as poderán participar individualmente na categoría que lles corresponda, pero o seu Centro non puntuará como tal para a adxudicación dos Trofeos.
- As infraccións das normas xerais de conduta deportiva durante o desenvolvemento das probas, así como outros aspectos non recollidos nas presentes normas regularanse pola normativa da Federación Galega de Atletismo.
Esperando
contar cunha numerosa participación do seu Centro, aproveitamos a
ocasión para enviarlles unha aperta cordial.
Riomaior,
10 de abril de 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario