xoves, 12 de maio de 2016

Enquisa de satisfacción para as Catividades organizadas pola nosa ANPA

O ANPA do CEIP A Rúa co obxectivo de mellorar a oferta e xestión das actividades extraescolares do noso centro solicita a colaboración de tódalas familias que forman parte da escola para recoller información relativa ás actividades deste curso e novas actividades a través dunha enquisa totalmente anónima.

É moi importante para poder mellorar o funcionamento das actividades saber tódolos aspectos negativos ou mellorables que consideredes que nos poden ser de utilidade, por iso agradecemos que se cubra una enquisa por cada alumn@ e se deposite no buzón que o ANPA ten na entrada do colexio antes do 24 de maio.

Ningún comentario: