Volvemos participar con noso maio na festa do Muiño e desta vez, ademais de cantar a nosa cantiga na festa, levamos o maio de romaría con gaitas e tambores.....Todo saiu ben bonito a pesares das ameazas de choiva...
venres, 23 de maio de 2025
luns, 3 de febreiro de 2025
ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA ANPA CEIP A RÚA
Como sabedes, a Xunta Directiva da ANPA se renova cada dous anos, motivo polo cal temos convocado un proceso de elección para a nova xunta directiva.
A continuación toparedes informacións relevantes sobre o mesmo
Lembramos que as persoas interesadas en presentar a súa candidatura teñen ata as 23:59 do martes 4 de Febreiro para facelo, enviando un mail á dirección: anpaarua@gmail.com indicando:
- Nome e apelidos completos.
- Teléfono de contacto.
- Posto para o que presenta a súa candidatura: Presidente / Vicepresidente / Secretario/ Tesoureiro / Vogal.
Achegamos tamén a convocatoria da ASAMBLEA EXTRAORDINARIA con data do 10 de Febreiro, no que se levarán a cabo as votacións e a elección da nova Xunta Directiva.
AGARDÁMOSVOS!!!!
ANPA A RÚA
Lembramos a todas as persoas interesadas en formar parte da nova Xunta Directiva que teñen ata as 23:59 horas do Martes 4 de Febreiro de 2025 para presentar a súa candidatura por mail no correo anpaarua@gmail. com especificando:
- Nome e apelidos completos.
- Número de teléfono.
- Posto para o que presenta candidatura: Presidente/a, Vicepresidente/a, Tesoureiro/a, Secretario/a ou Vogal.
As votacións e elección da nova Xunta levaranse a cabo en Asamblea Xeral Extraordinaria o 10 de Febreiro de 2025.
Achegamos convocatoria
AGARDÁMOSVOS!!!!!
ANPA A RÚA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)