sábado, 23 de maio de 2009

XIII XORNADA DE ATLETISMO BASE

Club de Atletismo Vila de Cangas
29 de Maio de 2009

O Club Atletismo Vila de Cangas organiza a XIII Xornada de Atletismo Base o venres día 29 de Maio 2009 ás 17:30 horas.
As probas celebraranse no estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.

CELEBRARASE UNHA COMPETICION EN MODALIDADE DE PROBAS COMBINADAS (Os atletas teñen que participar nas tre/catro probas da súa categoría)

Os atletas viran acompañados dun responsable maior de idade (pai, nai, delegado..)

A inscripción farase o mesmo día media hora antes da proba (non fan falta papeletas). O horario das probas pode adiantarse dependendo da participación.

Os dorsais seran entregados pola organización

CATEGORIAS E ANO DE NACEMENTO DOS ATLETAS:
  • MINIBENXAMIN 2001/2002
  • BENXAMIN 1999/2000
  • ALEVIN 1997/1998
Habera trofeo para os 3 primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino; para os finalistas medallas e camisetas

Os atletas da categoría benxamin e alevin poderan participar nun maximo de 4 probas, a efectos de seleccionar o campión/a contabilizaranse as 3 mellores puntuacións obtidas polo atleta

A organización, asi como as entidades colaboradoras, non se fan responsables dos danos morais ou materiais que poidan derivarse desta competición

Os atletas poderan inscribirse como representantes dun colexio ou a titulo individual; pero nunca como representantes de club. A proba está aberta a tódolos centros de ensino do Morrazo e arredores

A participación na mesma implica a total aceptación do presente regulamento

Estableceráse unha clasificación pr centros educativos

Os centros educativos farán a preinscripcion a traves do fax: 986303937, antes das 16:00 horas do martes 26 de maio.

1 comentario:

Chus dixo...

Que alegría me da entrar na páxina da ANPA. Noraboa por este traballo, leva un pouco de tempo saca adiante pero paga a pena.
Unha aperta