Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2010-2011, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
En Educación Infantil e Primaria o curso comprenderá dende 10 de setembro de 2010 ao 22 de xuño de 2011, ambos os dous inclusive.
Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato,en formación profesional e ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os
días 17 de setembro de 2010 e o 23 de xuño de 2011, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato as actividades lectivas ordinarias rematarán de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.
Períodos de vacacións.
1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2010 ata
o día 7 de xaneiro de 2011, ambos os dous inclusive.
2. Semana Santa: desde o día 18 de abril ata o 25
de abril de 2011, ambos os dous inclusive.
3. Entroido: días 7, 8 e 9 de marzo de 2011.
Máis información no dog 15/06/2010
Ningún comentario:
Publicar un comentario