Tal e como se establece nos estatutos da Asociación, e despois de transcorridos 2 anos, convócanse eleccións á xunta directiva.
Calquera nai ou pai poderá presentar a súa candidatura, tanto para formar unha nova xunta directiva como para formar parte da xa existente, xa que debido a motivos persoais algúns dos membros teñen que deixar os cargos, o que non implica que non sigan colaborando, por isto necesitamos a vosa axuda, asique animádevos!! O único requisito é ser soci@ da Anpa.
O plazo de presentación das candidaturas será dende hoxe, mércores dia 16 de novembro ata o martes 22 do mesmo mes, depositandoas no buzón da Anpa.
Os candidatos deberán ao menos deixar a súa candidatura reflexada nun folio, no que se deberá poñer o nome completo, o nº de teléfono, o nome do seu fillo ou filla e curso para poder identificalo mellor. As candidaturas deixaranse no buzón da Anpa
O día 23 de novembro informarase aos soci@s das diferentes candidaturas. O día de votacións será o martes dia 29 de novembro.
Únicamente os socios e socias da asociación poderán votar, achegando o recibo de pago da cota ou no seu defecto facilitando o nome do seu fillo ou filla.
A Xunta Directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario