venres, 2 de decembro de 2011

MAIS CONCENTRACIÓNS

Convocamos a toda a comunidade escolar do centro (profesores, pais, nais, nenos, nenas, avós, etc..) a participar os vindeiros dias 05, 07 e 09 de decembro en novas Concentracións diante do Concello de Cangas a partir das 14:45h, seguindo as protestas para conseguir a apertura do comedor do centro

Ó igual que na primeira concentración, o acto consistirá nunha reunión na praziña diante do Concello para xantar, xusto despois de sair do colexio. Asistiremos ó xantar, cos nen@s, e a poder ser coa camiseta verde do colexio os que a teñan, e os que non con algo similar. Cada un deberá levar o seu bocata. Lembrádevos de levar unhas mesiñas e sillas.

O motivo de que non se fixeran de novo ata agora, é que para solicitar permiso a subdelegación de goberno, hai que facelo como mínimo con 10 días de antelación, e despois tamén dependemos do tempo.

Por certo, se chove desconvócase, estade atentos ás mochilas e tamén ao blog e a ver se temos sorte.

Contamos con todos vós e tódalas persoas que poidades avisar e queiran unirse a nosa causa, porque todos necesitamos ou podemos chegar a necesitar o comedor.

Ningún comentario: