xoves, 12 de xaneiro de 2012

A Federación de Anpas reúnese co edil de educación

Onte, mércores dia 11 de xaneiro, a Federación de Anpas de centros públicos de Cangas, reuniuse co Sr Gestido, edil de educación do concello como tod@s sabedes. Un dos temas a tratar entre outros foi o dos comedores escolares do municipio e a situación na que se atopan.

As diferentes Anpas que actualmente xestionan o servizo de comedor nos seus respectivos centros, aproveitaron para lembrarlle que o vindeiro setembro, deixarán de xestionar eses servizos.

Ademais de reclamar unha solución de apertura para o comedor de A Rúa, por medio de que o concello asumise a xestión conveniando coa Xunta, solicituse tamén a xestión en conxunto dos 4 comedores escolares.

A resposta do Sr Gestido, foi que xa tiveran unha reunión co Sr Vázquez, conselleiro de educación, quen lle comunicou que se estaba a traballar nun borrador dun novo decreto de regulamento de comedores.

Gestido trasmitiunos que él cria que este decreto estaria listo para entrar en funcionamento no vindeiro curso 2012/13, coa finalidade de que a Conselleria asumise a xestión de todos os comedores sen discriminacións de prezos.

Tamén nos dixo que o concello non ía asumir a xestión, xa que é á Conselleria de Educación a quen lle corresponde.

Preguntamoslle que pasaria se a Xunta non asumise a xestión dos comedores tal e como él pensa, se o concello estaría disposto a facelo. A súa resposta foi "xa se verá.."

Ningún comentario: