luns, 7 de maio de 2012

Recortes

Publicamos mensaxe de convocatoria de movilizacións, ainda que un pouco tarde. A vindeira esperamos avisar antes.

Estimad@s compañeir@s nais e pais de alum@s:

Considerando que as nais e pais somos quen de poder facer rectificar as medidas que se están a tomar en contra do ensino público galego e que o poñen en grave perigo, facemos un chamamento afectuoso de cara á vosa necesaria presencia na concentración de mañá, martes 8 de maio ás 19.30 h. diante do edificio Marco en Vigo.


Por todo o anterior:

1) Nesitamos mais que nunca a movilización e a presencia dos nais, pais, avoas, avós e de toda a comunidade educativa dos vosos centros. Extendede dita petición a todos eles.

2) Pedímosvos que na medida das vosas posibilidades elaborarades algunha pancarta na que apareza o nome da vosa ANPA e do centro educativo e que incluirades unha mensaxe simple do tipo: "POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO". 

3) Informamosvos que non haberá siglas nas pancartas nin calquera outra mostra de personalismos, simplemente a mensaxe clara da DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO presidirá sito acto reivindicativo.

Agradecendo de antemán o voso compromiso, vémonos mañá,

A Xunta Directiva

Ningún comentario: