martes, 18 de setembro de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Coa finalidade de poñer en marcha as actividades extraescolares do curso 2012-2013 rogámosvos que devolvades, por medio dos vosos fillos, o formulario entregado debidamente cumprimentado antes do 25 de setembro, co nome do alumno/a, curso e actividades xestionadas pola Anpa nas que esté interesado en participar.Os nenos/as poden votar o formulario no buzón da ANPA.

A Anpa xestionará directamente 9 actividades: Artes Plásticas, Biodanza, Cociña, Teatro, Informática, Gaita, Hockey, Taller de maxia e ilusionismo, e a Escola de futbol base. Darán comenzo se se anotan nenos suficientes por actividade o 01 de outubro.

O resto de actividades deportivas que se desenrolen no centro serán xestionadas pola Fundación Cangas Deporte e deberanse inscribir alí.

ACTIVIDADES

COCIÑA: Os nen@s disfrutan cociñando e despois degustando as saborosas receitas que lles ensina Lina. O prezo da actividade será de 15€ mensuais por nen@ para soci@s e 20€ para non soci@s

ARTES PLÁSTICAS: Debuxo, modelado, escultura, barro. Ensinarase ós nen@s as distintas técnicas de debuxo e escultura, a profe chámase Ana. Custo da actividade 10€ ó mes para soci@s e 15€ para non soci@s.

TEATRO: Para nen@s de 2º de primaria en adiante. Imparte Rosi. Custo da actividade 10€ ó mes para soci@s e 15€ para non soci@s

BIODANZA: A través dunha disciplina artística, lúdica e pedagóxica, os nen@s expresanse deixandose levar pola súa creatividade. Custo da actividade 10€ ó mes para soci@s e 15€ para non soci@s

ESCOLA DE FUTBOL BASE: Imparte S.D. Meniños, 2 horas semanais. Para nenas e nenos a partir de 4 anos. O prezo será de 18€ mensuais por nen@ para soci@s e 23€ para non soci@s.

O obxectivo é o de fomentar a traves do deporte, valores coma a saúde, o traballo en equipo e a disciplina na competición, etc

HOCKEY: O material levao o monitor. O custo da actividade é de 10€ ó mes para soci@s e 15€ para non soci@s

INFORMÁTICA: Empregarán programas e contornas que faciliten a aprendizaxe, potenciar a comunicación entre compañeiros, utilizar a computadora como medio de investigación, creación, integración e expresión. Imparte Cevip-Inei SL. As clases son de dúas horas e o custo é de 12€ para soci@s e 17€ para non soci@s

GAITA: A partir de 7 anos. Imparte Roberto, gaiteiro e palleteiro. Custo da actividade 10€ para soci@s e 15€ para non soci@s.

TALLER DE MAXIA E ILUSIONISMO: Imparte o mago Alessio. É unha actividade didáctica, na cal @s nen@s aprenderán a desenrolar a súa imaxinación, creando diversos aparatos de maxia co uso de obxetos cotidianos como poderian ser papeis, pegamento, fíos, cordas, lápis, etc... e aprenderán a fundir entre sí os sentidos da vista, o uso da mente e a sensibilidade nos movementos do corpo exercendo o arte da maxia cos aparatos que eles mesmos constrúan. Para nen@s de 5 a 12 anos. O custo da actividade é de 12€ para soci@s e 17€ para non soci@s.


Lembrámosvos que se un nen@ falta a algunha clase ten igualmente a obrigación de pagar o importe mensual completo, e se deixa a actividade e non avisa tamén debe pagar o mes. A baixa parcial ou total nunha actividade terá que ser notificada antes do dia 25 de cada mes.

O pago das actividades deberá realizarse nos 10 primeiros días de cada mes no nº de conta de Nova Caixa Galicia 2080 5079 83 3040001135. Baixo o titulo de: Cota Anpa, nome do nen@, curso e mes. Tamén se pode pagar o curso completo ou trimestralmente.

Damos por feito que todos somos responsables dos nosos fill@s, polo que vos pedimos o compromiso de chegar a hora para a actividade (excepto @s nen@s que vaian directamente do comedor as 16.30h) e de recoller os nenos e nenas a hora exacta de saída. Igualmente se alguén se quere quedar no centro, agradecemos de antemán a súa colaboración e apoio ós monitores.

Bo ano escolar a tod@s!!



HORARIO
LUNS
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
16:30 A 17:30
- Artes Plásticas
- Fútbol Base
- Ximnasia Rit. (Fund. Cangas Deporte)

- Hockey
- Taller maxia e ilusionismo (de 16.30 a 18.00)
- Biodanza
- Informática
-Psicomotricidade (Fund. Cangas Deporte)
17:30 A 18:30
- Cociña
- Tenis (Fund. Cangas Deporte)
- Gaita
- Patinaxe (Fund. Cangas Deporte)
- Teatro
- Fútbol Base
- Informática - Taekwondo (Fund. Cangas Deporte)
- Baloncesto (Fund. Cangas Deporte)

Ningún comentario: