mércores, 12 de decembro de 2012

RODAXE EN CANGAS DUN PLAYBACK MASIVO

Puseronse en contacto coa Federación de Anpas dende a productora Alén Filmes, xa que o fin de semana do 29/30 de decembro temos prevido realizar unha gravación dun programa piloto para a TVG no Concello de Cangas (provisionalmente na zona do paseo e porto).


Dito programa denominarase 'GALICIA LIPDUB' e será un espacio de entretemento para toda a familia emitido en horario de máxima audiencia na TVG. O 'lipdub' consiste en mover os beizos en playback mentres se executa unha coreografía ó ritmo dunha canción de moda. Neste caso a escollida será o Gangnam Style http://www.youtube.com/watch?v=9bZkp7q19f0 En cada un dos programas de 'Galicia lipdub' buscaremos a implicación de diferentes colectivos da vila, que se organizarán en grupos nos que valoraremos a implicación e as propostas de vestiario de cada un deles(animamos á participación con disfraces). Para iso, o equipo de gravación do programa desplazarase ata a vila xa en días anteriores á actuación en concreto para recoller dende as primeiras decisións ata o ensaio final e a actuación. O obxetivo de 'Galicia lipdub' é xuntar o máximo de xente posible, que a rodaxe sexa todo un acontecemento e a súa actuación unha festa por todo o alto.

Polo tanto buscamos persoas que se involucren con este evento, un programa pioneiro na Comunidade Galega, e por iso solicitamos que difundan esta información a quen consideren axeitado para ver se hai grupos interesados en colaborar.

MAÑÁ AS 19.30H ESTARAN NA CASA DA CULTURA PARA RECIBIR AOS INTERESADOS EN PARTICIPAR!!

Ningún comentario: