...Hai 4.000 anos, os nosos antergos non gravaban discos: gravaban pedras. Así que o proxecto RockArtRoll, aínda que soe a música, vai de arte do Paleolítico. E quere achegar ao gran público aquelas escenas da caza do cervo, mapas do mundo e labirintos máxicos talladas nas rochas do país.
Promovido en colaboración coa mancomunidade "Terras de Pontevedra", Rockartroll quere solucionar un problema: os xacementos puxéronse en valor, pero moi pouca xente vai velos. Así que a iniciativa ven de nacer con rutas en autobús e de sendeirismo, charlas didácticas e ata obradoiros para fabricar as ferramentas ou as armas dos galegos da Idade de Pedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario