mércores, 6 de maio de 2015

Charla organizada por FOANPAS de información da reválida en Vigo (13/05/15)

FOANPAS organiza unha charla na que se tratará a reválida: en que consiste, en que cursos se aplica, cal será a súa repercusión e cales son as razóns que xustifican o seu rexeitamento. Está dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público e estará impartida por membros dos sindicatos de ensino (UGT, CCOO, CIG e STEG). Inscricións no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com.

O 13 de Maio de 2015 ás 17:30 no salón de actos do IME (Camiño do Chouzo, Nº2-Vigo).

Ningún comentario: