martes, 23 de xuño de 2015

Obradoiro de cociña para nen@s entre 5 e 10 anos do Concello


A Concellería de Xuventude e a Concellería de Turismo organizan un Obradoiro de Cociña para nenos e nenas de entre os 5 e 10 anos.


Con motivo da V Feira da Tapa “Cangas Sabe ben”, as Concellerías de Xuventude e  de Turismo ofertan un Obradoiro de Cociña para nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, ámbolos dous incluídos.

Esta actividade será impartida por Merchi Rodal, reposteira do programa de cociña “Larpeiros”. Este taller culinario terá lugar o día 25 de xuño entre as 10.00 e as 13.00 hs, no 1º Andar da Praza de Abastos de Cangas.

Para anotarse poden pasar pola Casa da Xuventude en horario de 9.00 a 14.00 hs, ata o día 23 de xuño, pagando unha cota de inscrición de 5 €.

As prazas son limitadas e respectarase a orde de inscrición dos cativos/as.

Máis información:
Oficina de Turismo: 986392023
Casa da Xuventude: 986392171

Ningún comentario: