A Secretaría Xeral de Igualdade acaba de publicar unha instrución que modifica a resolución do pasado 30 de decembro sobre axudas destinadas a estudantes de infantil, primaria e educación especial que participen en actividades extraescolares organizadas polas asociacións de nais e pais de alumnos (ANPA). Esas axudas outórganse para facilitar a conciliación laboral e familiar e son financiadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo, que as dotou este ano con 250.000 euros.
A semana pasada, as ANPA de centros públicos mostraron a súa contrariedade coa resolución de decembro porque, entre outras cuestións, obrígalles -e é novidade este ano- a pedir aos pais a declaración do IRPF, pois só se lles concederán a aqueles pais cuxos ingresos non superen en 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples.
Ningún comentario:
Publicar un comentario