A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 13 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 7º Cross Escolar.
A inscrición poderase facer vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ou directamente no buzón que o ANPA ten na entrada do colexio ata o día 08 de marzo ás 14:30h. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS. SE ALGUN NENO/A QUEDOU SEN INSCRIBIR SERÁN ADMITIDOS ANTES DA SAÍDA DA SÚA CATEGORIA SEMPRE QUE QUEDEN VACANTES E POR ORDE DE CHEGADA, POR NON ASISTENCIA DALGUN INSCRITO. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificad@s de cada categoría. Non se darán medallas.
Rogamos notifiquen na inscrición se o nen@ ten algún tipo de alerxia alimentaria, os nen@s que teñan algunha alerxia terán que dicir o seu nome na recollida da merenda. Para facilitar a nosa labor agradeceriámoslles que a inscrición fose vía e-mail.
Ningún comentario:
Publicar un comentario