xoves, 10 de marzo de 2016

BAOBAB TEATRO presenta: O LOBO E A LÚA (en Cangas o 12 de marzo ás 18:00)

..."Había unha vez un pequeño lobo que vivía no prado azul, el precisaba falar coa lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.

No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non"....

Ningún comentario: