10:00 – 14:00 Festa de inchables e escuma. Non te esquezas dos calcetíns, unha muda e unha toalla.
10:00 – 13:30 Recollida de postres e pratos salgados para o concurso. Categorías infantil, adulto e alérxicos.
14:00 – 14:30 O xurado elixirá os pratos gañadores.
14:00 – 16:00 As instalacións do colexio estarán abertas para quen queira traer a comida e quedar a comer.
POLA TARDE:
16:00 – 17:30 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA:
- @s alumn@s de 6º de primaria serán os presentadores de todo o evento.
- @s alumn@s de 3º de primaria representaran varios sketch da historia do noso colexio.
- @s alumn@s de 5º de primaria expondrán algúns dos contos que levan preparando durante o curso.
- Exposición da Guía de Cangas que elaboraron @s alumn@s do noso colexio.
- Visionado do filme d@s alumn@s de sexto e o making –of.
- Exposición do ano en fotografías.
17:30 – 18:00 ACTIVIDADES NO PABELLÓN:
- Exhibición d@s alumn@s de Taekwondo e do Clube. Actividade da Fundación Cangas Deporte.
- Exhibición d@s alumn@s de Bailes latinos do noso colexio. Actividade extraescolar a cargo da Escola ChaChaCha.
- Exhibición d@s alumn@s de patinaxe do colexio. Actividade da Fundación Cangas Deporte.
- Un grupo de rapazas de 4º de primaria representarán un baile preparado por elas.
18:00 – 19:00 ACTIVIDADES NA PISTA DO EXTERIOR:
- Os rapaces de 4º, 5º e 6º de primaria interpretarán a canción ”Lemon tree”
- @s alumn@s de 1º e 2ª de primaria elaboraron un baile do 25 aniversario.
- O grupo de infantil bailará xunt@s para tódol@s asistentes.
- Os nen@s da actividade de inglés de primaria interpretarán o conto “A cebra Camila”. Actividade extraescolar a cargo de Imaxina.
- Os nen@s de infantil do taller lúdico de inglés (grupo dos mércores) mostrarán os progresos do curso. Actividade extraescolar a cargo de Asociación Xirasol.
- Os nen@s de infantil do taller lúdico de inglés (grupo dos martes) representarán un circo. Actividade extraescolar a cargo de Imaxina.
- Os nen@s da actividade de teatro representarán unha obra. Actividade extraescolar a cargo de Arela.
- As nais da actividade de zumba farán unha exhibición. Actividade a cargo de Susana Alonso.
- Os rapaces da actividade de diverciencia farán unha exhibición do aprendido durante o curso. Actividade extraescolar a cargo de Arela.
- Entrega dos premios aos gañadores do concurso de postres e pratos salgados, a continuación degustación dos postres e pratos salgados entregados para o concurso.
- TÓDOLOS ALUMN@S DO COLEXIO INTERPRETARÁN XUNT@S A CANCIÓN DO 25 ANIVERSARIO.
Recordamos a tódolos pais/nais ou titores que os rapaces deberán vir acompañados e que o ANPA non se fai responsable de ningún nen@. Os horarios marcados neste programa son estimados e o ANPA non se fai responsable das posibles modificacións.
ESPERÁMOSVOS A TOD@S!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario