mércores, 28 de xuño de 2017

Preinscripción comedores escolares



   O Concello de Cangas a través do convenio que vai a asinar coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, seguirá a xestionar o comedor escolar dese centro , durante o curso 2017/2018, coma viña facendo nos últimos cursos. Por este motivo e en aras de facilitar e fomentar o uso do mesmo, enviamolle un modelo de preinscripción para o vindeiro curso coa intención de que o distribuan entre as familias que xa teñen nenos/as no comedor e entre novos/as usuarios/as do mesmo. Consideramos asi mesmo, dentro do posible, que recolleran vostedes as solicitudes nos centros ata o 30 de xuño (logo iríamos nos a recollelas por cada centro) e posteriormente xa as recolleriamos no Concello.
Achégase modelo e folla informativa.
Saúdos
Xoan C. Chillón Iglesias
Concelleiro de Ensino e Deportes




 




Ningún comentario: