mércores, 14 de marzo de 2018

Convocatoria campamentos da Deputación 2018

 





Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:
·         Nacer entre os anos 2005 e 2010 (ambos incluídos)
·         Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra
·         Non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa en fase activa
Poderán participar menores en situación de tutela ou garda por parte da Administración que se atopen en acollemento residencial nun centro da provincia de Pontevedra.
No caso de menores que precisen un apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, esta circunstancia deberá facerse constar no cuestionario de saúde e autonomía persoal, detallando do xeito máis preciso posible as súas necesidades específicas.
No caso de menores que presenten algún grao de diversidade funcional, se teñen praza adxudicada, será necesario poñerse en contacto co Servizo de Inspección Médica, enviando un correo electrónico á dirección inspeccionmedica@depo.es, e será o persoal sanitario da institución provincial quen solicite os informes médicos ou a documentación necesaria para a valoración destas necesidades no campamento.
En que consiste o campamento?
Os campamentos "Depo Aventura A Lanzada" organízanse entre os meses de xuño e setembro, en quendas de 7 días, nas instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada (propiedade da Deputación de Pontevedra), situado na estrada de San Vicente do Mar, A Lanzada, s/n, O Grove.


Que servizos están incluídos?
As nenas e nenos participantes disporán dos seguintes servizos en cada quenda:
·         Un programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia que posibilite a participación de todas as nenas e nenos. Algunha destas actividades impartirase en lingua inglesa
·         O aloxamento en tendas de campaña no campamento
·         A manutención en réxime de pensión completa
·         O material necesario para as actividades
·         Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, actividades náuticas e lingua inglesa. Así mesmo, para o caso de menores con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase do persoal de apoio necesario adaptado ás súas características
·         Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes
En que datas se realizarán as quendas?
Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 8 de setembro de 2018. Realizaranse 11 quendas, de 7 días de duración cada unha, nas seguintes datas:
·         Primeira quenda: do 24 ao 30 de xuño
·         Segunda quenda: do 1 ao 7 de xullo
·         Terceira quenda: do 8 ao 14 de xullo
·         Cuarta quenda: do 15 ao 21 de xullo
·         Quinta quenda: do 22 ao 28 de xullo
·         Sexta quenda: do 29 de xullo ao 4 de agosto
·         Sétima quenda: do 5 ao 11 de agosto
·         Oitava quenda: do 12 ao 18 de agosto
·         Novena quenda: do 19 ao 25 de agosto
·         Décima quenda: do 26 de agosto ao 1 de setembro
·         Undécima quenda: do 2 ao 8 de setembro
A realización da última quenda queda condicionada á data de comezo do primeiro día lectivo do próximo curso escolar 2017/2018.
 Inscricións ata o 27 de marzo:

https://procedementos.depo.es/formularios/?depoaventuralanzada

Ningún comentario: