xoves, 8 de marzo de 2018

Historia das mulleres en Cangas

RUTA “A HISTORIA DAS MULLERES DE CANGAS” QUE SE CELEBRARÁ O PRÓXIMO 11 DE MARZO EN CANGAS


        O  domingo 11 de Marzo dentro dos actos que tendrán lugar con motivo do “Dia internacional da Muller Traballadora", a Asociación de Animación Sociocultural e Turística “A Illa dos Ratos” organiza una ruta guiada especial baixo o título “A Historia das mulleres de Cangas”.
Con esta actividade este colectivo, que ven realizando rutas guiadas gratuítas para todos os públicos desde 2016, quere dar a coñecer e por en valor a figura dalgunhas mulleres máis relevantes ao longo da Historia de Cangas.

        Desde María Soliño a Fina Acuña Graña, á que se dedican este ano todas as actividades a nivel institucional, falarase de mulleres con nome propio pero tamén por colectivos formados por personas anónimas como as peixeiras, redeiras, traballadoras da conserva e tamén doutros oficios mulleres da cultura, educación, deporte ou política. 

         Dado que se requiere inscrición previa, todas as personas que estean interesadas en participar nesta ruta, poden anotarse coa debida antelación na oficina de Turismo de Cangas situada en la Casa de la Bola, chamando ao 986392023 ou enviando un email a ailladosratos@gmail.com.






Ningún comentario: