xoves, 27 de agosto de 2020

INFORMACIÖN COMEDORES

INFORMACIÓN SOBRE APERTURA DE PRAZO PARA PREINSCRICIÓN 2020-2021 DOS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLO CONCELLO DE CANGAS.

Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o protocolo da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) .

Tendo en conta as posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca (axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o establecemento doutros criterios de admisión.

As solicitudes entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes. En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo establecido.

Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.

1.- Centros escolares:

      Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret

2.- Prazo :

     O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.

Presentarase a correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.

Toda a información así como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do concello de Cangas.

Ademais poderán enviarse as solicitudes de información ao correo ensino@cangas.gal.

Ningún comentario: