venres, 17 de abril de 2020

Concurso fotográfico da corentena

Dende a asociacion A Illa dos ratos propoñen este concurso fotográfico.
Animádevos a participarFoto de A Illa dos Ratos.


Xa sabedes o que nos gusta un disfraz e facer o parvo, e sabemos que a vós tamén, así que organizamos o "CONCURSO FOTOGRÁFICO DA CORENTENA".

Sacade unha FOTO GRACIOSA, disfrazados, no balcón... e compartídea con nós, nos comentarios desta publicación, así pasaremos un bo rato entre todos.

Entre os participantes faremos un SORTEO dos libros editados polos nosos benqueridos amigos da Asociación A Cepa Cangas, que colabora con nós.

Veña, animádevos e cando todo remate faremos un recopilatorio de todas as vosas fotos como "diario da corentena"

Xa queda menos!
Foto de A Illa dos Ratos.

Ningún comentario: