xoves, 24 de setembro de 2009

10º Xornada de pais e nais educando en igualdade

O día 3 de outubro, sabado, na illa de San Simón terá lugar esta cita anual para familias que organiza o Seminario Permanente para a Educación en Igualdade. Tratase duns obradoiros nos que participan as familias durante todo un día para tratar dun xeito lúdico os valores da igualdade e o respecto.

Programa: as 10 da mañá sairán os barcos cara a Illa de San Simón, as 11 hai unha conferencia para os pais e nais sobre coeducación e un contacontos para os nenos, despois haberá obradoiros de danza e cociña, xantar, xogos, merenda-concerto e volta en barco.

Se alguén se anima que saibades que é gratuito pero hai soamente 250 prazas para toda Galicia polo que hai que apuntarse pronto no correo electrónico seminario.educacion.igualdade@xunta.es ou no teléfono 981 541618.

Publicado no blog da Anpa A Tahona

Ningún comentario: