Como moitos sabedes o pasado martes dia 15 de setembro, tiveron lugar no cole as asambleas de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria, ás que unha pequena representación da Anpa do cole, acudiu, xa que nesas asambleas tíñase que votar pola unanimidade, que nos pediu o claustro de profesores.
Por suposto, como era de esperar ó final non se conseguiu a unanimidade, e dependendo dos cursos e tamén dependendo dos pais, haberá nen@s que vaian o cole sen libros e outros que irán o cole con libros, que por suposto non van a ser discriminados de ningunha maneira ningún deles.
O final da tarde, cando xa tódalas asambleas remataran, un grupo de pais e nais do curso de 5º de primaria, decidiu pola súa conta, que se ían reunir o dia seguinte todos os pais do curso en cuestión, porque lles sabia mal tamén non facer unha minima presión en contra do novo sistema implantado polo goberno, e o que decidiron foi o seguinte:
"Os pais e nais dos alumnos de 5º de primaria, non lle mandarán os libros ó colexio os seus fill@s, ata que eles o decidan"
E así me dixeron que volo trasmitíramos...
Unha aperta
Ningún comentario:
Publicar un comentario