venres, 18 de xuño de 2010

¡¡¡ CAMPAMENTOS DE VERÁN NOS COLEXIOS !!! (2010)

¡¡¡ CAMPAMENTOS DE VERÁN NOS COLEXIOS !!!

Dende a dirección de esta Anpa, ponse en marcha por segundo ano esta iniciativa, para apoiar a aqueles pais e nais, que con motivo das vacacións, vense moitas veces sen saber con quen deixar os nenos/as.

Este campamento desenrolarase durante os meses de xullo e agosto, no COLE DE A RÚA EN HORARIO: DE 09:30 H A 13:30 H. DE LUNS A VENRES.(No caso de que den comenzo as obras de remodelación no cole ou non se faga grupo, trasladarase o campamento a outro cole)


OBXECTIVOS:

Ofrecer unha alternativa os pais e nais durante o período vacional para que os nenos e nenas poidan disfrutar de actividades.

Dinamizar o tempo de ocio e de lecer dos nenos/as.

Divertir e estimular os nenos/as na convivencia a través do lúdico.

Desenvolver a creatividade, potenciando a imaxinación e a capacidade de realización.

Estimular a súa psicomotricidade a través de xogos e obradoiros.

Fomentar a comunicación, participación, amizades, convivencia e relacións interpersoais.

Procurar que o tempo de lecer e de ocio dos nenos e nenas adquira un sentido lúdico á vez que educativo.

Ensinar os cativos a divertirse sen videoxogos e televisión.




Taller de lectura e creación de contos
Fomentar o gusto pola lectura a través do xogo, mellorar a competencia lectora, comprensión de textos orais, a semántica, as competencias na interpretación e producción de textos orais e escritos, …




Taller de marionetas
Desenvolver a súa creatividade, mellorar o control motriz, a súa coordinación e orientación espacial e educar en valores




Taller de plástica e ilustración
Ilustración de contos ou narracións mediante diversos formatos.

Desenvolvemento grafomotriz, reforzo de pautas de coordinación. Iniciación no debuxo mediante representación libre e fomento de creatividade




Taller de musicoterapia
Desenvolvemento de psicomotricidade, capacidade creadora, interirorización do esquema corporal, aprendizaje de elementos musicais, coñecemento de calidades sonoras, ritmicas e musicais. Coñecer diversos instrumentos.

Taller de creatividade
Mediante o xogo creativo estimular o desenvolvemento de habilidades sociais. Creación de ambientes de expresión plástica que permita a expresión persoal e o descubrimento de actividades complementarias. Estimular o modo de comprender, de adquirir aprendizajes, valoralos e buscar solucións. Estimular a autonomía mediante pensar/aprender.




O custo e de 15 € semanais, ou ben 50 € o mes. O pago realizarase por adiantado o formalizar a inscripción. No nº cta da anpa: 2080 0079 96 0040001135 Caixanova. Dirixido a todos os nenos/as de entre 3 e 12 anos

Prazas limitadas.

DATA LIMITE DE ENTREGA DE INSCRIPCIONS: 22 DE XUÑO.

DATA LIMITE DE PAGO INSCRIPCIONS XULLO: 25 DE XUÑO.

DATA LIMITE DE PAGO INSCRIPCIONS AGOSTO: 15 DE XULLO.

Ningún comentario: