A Asociación Cultural Froles Mareliñas, convoca o Concurso de Contos Cortos 2013 coa finalidade de promover a creación literaria entre nenos e adultos.
Este premio concederase de acordó as seguintes:
BASES
1.- Poderán participar neste concurso calquera persoa que o desexe sin límite de idade, sempre que as obras se presenten escritas orixinalmente en galego, sexan inéditas e non foxen premiadas en ningún outro concurso.
2.- A extensión máxima das obras será de 8 páxinas tamaño DIN A4, mecanografiadas a dobre espazo en letra Arial tamaño 11, por unha soa cara. Ademáis incluirase obrigatoriamente unha páxina como portada, cunha ilustración a cor, realizada polo autor do conto. Deveranse enviar tres orixinais impresos e grapados. Cada orixinal irá asinado con pseudónimo e deberá constar a categoría á que compite, infantil, xuvenil e adulto, sendo obrigatorio acompañar dun sobre cerrado con nome, apelidos, idade, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto do autor/a, e unha fotografía en cor tamaño carne.
3.- Os orixinais entregaranse indicando no sobre “CONCURSO DE CONTOS FROLES MARELIÑAS”, en man na sede da Asociación Froles Mareliñas nave amárela na Estación de Renfe en Chapela, o por correo postal ao seguinte enderezo:
Asociación Cultural Froles Mareliñas
Rúa Formiga, 17
36320 Chapela-Redondela
Pontevedra
4.- A data tope para a admisión de orixinais será o 30 de Marzo de 2013. Polo feito de presentárense, os autores aceptan as presentes bases e non poderán retirar a sua obra unha vez presentada ao concurso.
5.- O xurado será nomeado pola Asociación e estará formado por especialistas. A composición do xurado non se fará pública ata o mesmo día da concesión do Premio.
6.- Na segunda quincena do mes de maio de 2013, intentando que coincida co fin de semana no que se celebra o día das letras galegas, saberemos a decisión do xurado que será inapelable e darase a coñecer nun acto público, onde se fará a entrega aos premiados,.
7.- Establécense tres únicos premios de 100 euros cada un para as seguintes categorías:
- Premio infantil 100 euros para nenos e nenas que non superen os 12 anos de idade
- Premio xuvenil, 100 euros para mozos e mozas, con idade comprendida entre 13 e 17 anos.
- Premio adultos, 100 euros, para maiores de 18 anos, sen límite de edad.
8.- Os contos presentados non se devolverán, e poderán ser publicados xuntamente coa fotografía do autor nun libro de recompilación que se denominará “CONTOS DE FROLES MARELIÑAS”.
9.- Os autores dos contos, ceden a Froles Mareliñas o dereito exclusivo de explotación dos seus contos en todas as modalidades para todo o mundo e para o prazo máximo de duración establecido pola lexislación vixente
Ningún comentario:
Publicar un comentario